Xuventudes Socialistas de Galicia: Diferenzas entre revisións
m cc, ct |
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== Véxase tamén == +==Véxase tamén==) |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
A actual secretaria xeral das XSG é Dolores Rodríguez Amoroso, nada en Lugo e estudiante de Dereito. |
A actual secretaria xeral das XSG é Dolores Rodríguez Amoroso, nada en Lugo e estudiante de Dereito. |
||
== |
==Véxase tamén== |
||
*[[Galicia]] |
*[[Galicia]] |
Revisión como estaba o 16 de novembro de 2007 ás 21:55
Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Ainda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e son o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).
As primeiras agrupacións locais das XSG surxen nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904.
Os valores fundamentais nos que asenta a súa ideoloxía son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.
Os seus obxectivos son:
- Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión.
- Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante.
- Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualde, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible.
- Loitar contra todo tipo de explotación.
- A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedae de constante progreso.
- A plena emancipación da mocidade galega.
A actual secretaria xeral das XSG é Dolores Rodríguez Amoroso, nada en Lugo e estudiante de Dereito.