Biella: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Image:Biella-Panorama dal quartiere di Riva.jpg| |
[[Image:Biella-Panorama dal quartiere di Riva.jpg|600px|thumb|right|Vista panorámica de Biella]] |
||
Biella (en [[piemontés]] Bièla) é un concello de 45.822 habitantes, capital da provincia homónima, na rexión do [[Piemonte]] ([[Italia]]). |
Biella (en [[piemontés]] Bièla) é un concello de 45.822 habitantes, capital da provincia homónima, na rexión do [[Piemonte]] ([[Italia]]). |
Revisión como estaba o 15 de novembro de 2007 ás 18:03
Biella (en piemontés Bièla) é un concello de 45.822 habitantes, capital da provincia homónima, na rexión do Piemonte (Italia).
Xeografía
Biella está situada aos pés dos prealpes bielleses. A conexión ás grandes vías de comunicación do norte de Italia está garantida grazas á estrada estatal 142 Biellese e as autoestradas A4 Torino-Milán, A5 Torino-Aosta e A26 Xénova-Gravellona Toce. No concello limítrofe de Cerrione está localizado un pequeno pero ben equipado aeroporto turístico.
Economía
A economía de Biella está tradicionalmente ligada ao sector textil, e en particular a lá. A elaboración da lá ten orixes antigas e o seu desenvolvimento determinou o tecido económico da área, con grandes e importantes empresas do sector, entre as que cabe lembrar, pola importancia que aínda manteñen, o grupo Ermenegildo Zegnaou o grupo Cerruti 1881.