Cultivar: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
Substitución automática de "Daisy1web.jpg" por "African_daisy_(Osteospermum_sp._'Pink_Whirls').jpg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinker|Commons |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro: |
[[Ficheiro:African daisy (Osteospermum sp. 'Pink Whirls').jpg|dereita|miniatura|O 'Pink Whirls' é un dos numerosos cultivares de ''[[Osteospermum]]''.]] |
||
[[Ficheiro:Osteospermum lemon symphony.jpg|miniatura|'Lemon Symphony' é outro dos cultivares de ''Osteospermum''.]] |
[[Ficheiro:Osteospermum lemon symphony.jpg|miniatura|'Lemon Symphony' é outro dos cultivares de ''Osteospermum''.]] |
||
Revisión como estaba o 8 de novembro de 2019 ás 10:40
Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu un nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal. O termo non ten o mesmo significado ca a designación taxonómica variedade ou ca o termo legal variedade de planta utilizado no comercio de plantas e as súas sementes[1]. O concepto foi oficialmente adoptado no XIII Congreso de Horticultura, realizado en Londres (1952), co obxectivo de distinguir as variedades cultivadas das de ocorrencia natural.
Notas
- ↑ Jenks, Dr. Matthew A. Purdue University, Department of Horticulture and Landscape Architecture, ed. "Plant Nomenclature" (en inglés). Arquivado dende o orixinal (html) o 11 de decembro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2009.