Aleixo V Ducas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: en:Alexios V Doukas
XoseBot (conversa | contribucións)
m Arranxo caixa de gobernante
Liña 9: Liña 9:


{{Gobernante|
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=Imperio Bizantino|
ESPAZO_POLITICO=[[Imperio Bizantino]]|
DINASTIA=Dinastía Anxo|
DINASTIA=[[Dinastía Anxo]]|
ANTES=Isaac II Anxo| Aleixo IV Anxo |
ANTES=[[Isaac II Anxo]]| Aleixo IV Anxo |
DEPOIS= Teodoro I Láscaris |
DEPOIS=[[ Teodoro I Láscaris ]]|
DATA_ENTRADA=1204|
DATA_ENTRADA=[[1204]]|
DATA_SAIDA=1204|
DATA_SAIDA=[[1204]]|
}}
}}



Revisión como estaba o 27 de setembro de 2007 ás 21:44

Aleixo V Ducas Murtzouphlos ou Murzuflo (m. 1205), foi proclamado emperador bizantino o 5 de febreiro de 1204, durante o asedio de Constantinopla polos latinos da Cuarta Cruzada. O seu sobrenome Murzuflo facía referencia ás súas poboadas cellas. Tiña relacións familiares coa liña imperial dos Anxo.

Como nobre bizantino, ascendera na corte ata o cargo de protovestiarios na época da Cuarta Cruzada. En xaneiro de 1204, os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo inspiraban xa pouca confianza á poboación de Constantinopla na súa defensa da cidade ante os latinos. Grazas ao seu cargo, Aleixo Ducas tiña fácil acceso á residencia imperial, e cando se desatou a revolta na cidade para destronar aos dous emperadores Anxo, Aleixo fixo uso de devandito acceso para capturalos. O xove Aleixo IV sería morto na refrega. A morte do seu pai, Isaac II, pouco despois, posibelmente foi "inducida de xeito artificial".

Tras a súa coroación, Aleixo V comezou a reforzar as defensas de Constantinopla e puxo fin ás negociacións cos latinos. Pero era demasiado tarde, xa non había tempo para o novo emperador: durante o combate que se produciu, defendeu a cidade con coraxe e tenacidade. Os cruzados demostraron ser demasiado fortes, e Aleixo tivo que fuxir a Tracia pouco despois de que a cidade caese.

A continuación, intentou aliarse co seu coemperador Aleixo III Anxo contra os latinos, pero Aleixo III cegouno e púxoo en mans dos cruzados, que o axustizaron como o asasino de Aleixo IV. Foi o último emperador bizantino antes do establecemento do Imperio Latino, que dominaría Constantinopla durante os seguintes 57 anos.


Imperio Bizantino

Segue a:
Isaac II Anxo
Aleixo V Ducas
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Anxo