Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (España): Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.svg|sitio_web=http://www.ciencia.gob.es/|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Pedro Duque|Pedro Francisco Duque Duque]]}}O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de [[España]] é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de [[Pedro Sánchez]], con competencias en [[ciencia]], [[Investigación, desenvolvemento e innovación|I+D+i]] e [[Universidade|universidades.]] O seu titular é [[Pedro Duque]]. |
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.svg|sitio_web=http://www.ciencia.gob.es/|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Pedro Duque|Pedro Francisco Duque Duque]]}}O '''Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades''' de [[España]] é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de [[Pedro Sánchez]], con competencias en [[ciencia]], [[Investigación, desenvolvemento e innovación|I+D+i]] e [[Universidade|universidades.]] O seu titular é [[Pedro Duque]]. |
||
== Historia == |
== Historia == |
Revisión como estaba o 5 de agosto de 2018 ás 21:14
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (España) | |
---|---|
Información xeral | |
Sitio web | |
http://www.ciencia.gob.es/ |
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de Pedro Sánchez, con competencias en ciencia, I+D+i e universidades. O seu titular é Pedro Duque.
Historia
Os ministerios de ciencia foron unha constante nos diferentes gobernos de España, aínda que dependendo do partido no Goberno este adquiría autonomía propia ou se fusionaba con outros. Desde a moción de censura contra Mariano Rajoy, e a chegada de Pedro Sánchez á presidencia, recuperouse a autonomía do ministerio.
Funcións
Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a proposta e execución da política do Goberno en materia de Universidades, investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores.[1]
En particular, corresponderá ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades o exercicio das competencias de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en materia espacial, incluídas a representación e a participación nos organismos da Unión Europea e Internacionais.
Estrutura
Esta Secretaría de Estado dispón como único órgano superior:[2]
- A Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación
- A Secretaría Xeral de Coordinación de Política Científica.
- A Subsecretaría de Ciencia, Innovación e Universidades.
Organismos adscritos
- O Consello de Universidades.
- A Conferencia Xeral de Política Universitaria.
- O Consello de Estudantes Universitario do Estado.
- O Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación.
- O Comité Español de Ética da Investigación.
- O Consello Asesor de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.
Véxase tamén
- Historia dos ministerios de Ciencia de España