Arte prerrománica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
m (GR) File renamed: File:Aachen-cathedral-inside.jpgFile:Aachen Cathedral top floor.jpg File renaming criterion #2: To change from a meaningless or ambiguous name to a name that describes what the...
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2015}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2015}}
[[Ficheiro:Aachen-cathedral-inside.jpg|miniatura|Capela Palatina de Aquisgrán]]
[[Ficheiro:Aachen Cathedral top floor.jpg|miniatura|Capela Palatina de Aquisgrán]]


A '''arte prerrománica''' é a que se desenvolveu en [[Europa Occidental]] entre a época carolinxia ata a aparición da [[arte románica]]. O termo non define unha forma artística particular, senón calquera manifestación artística aparecida entre o período clásico [[Imperio Romano|romano]] e a [[arte románica]].
A '''arte prerrománica''' é a que se desenvolveu en [[Europa Occidental]] entre a época carolinxia ata a aparición da [[arte románica]]. O termo non define unha forma artística particular, senón calquera manifestación artística aparecida entre o período clásico [[Imperio Romano|romano]] e a [[arte románica]].

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2017 ás 13:12

Capela Palatina de Aquisgrán

A arte prerrománica é a que se desenvolveu en Europa Occidental entre a época carolinxia ata a aparición da arte románica. O termo non define unha forma artística particular, senón calquera manifestación artística aparecida entre o período clásico romano e a arte románica.

Historia

Carlomagno conseguiu unificar unha boa parte da Europa Occidental, cambiando o carácter da monarquía franca cara a unha concepción teocrática na que se fundía o civil e o relixioso como poderes que procedían de Deus e unha viraxe cara a arte clásica a través da arte paleocristiá e a arte bizantina. O programa cultural carolinxio contou coa contribución fundamental da orde bieita que creou grandes abadías que servían como focos culturais en torno á igrexa e a sala capitular e que se converteron tamén en núcleos de produción artística.

Xa que logo, o termo prerrománico aplicaríase a todo o lapso comprendido entre mediados do século V (caída do Imperio Romano de Occidente) e principios do século XI (expansión do románico). Aplicaríase a formas como a arte ostrogoda, longobarda, carolinxia ou a otoniana. Estivo representada na Península Ibérica pola Arte visigoda, a Arte asturiana[Cómpre referencia], a Arte mozárabe e a Arte de repoboación. En Cataluña, e con anterioridade á románica propiamente dita, aparece unha arquitectura que pode considerarse a súa antecesora nas formas e nas técnicas e que, para diferenciala da prerrománica, foi denominada seguindo as suxestións de Puig i Cadafalch "primeiro románico".

Os materiais construtivos utilizados foron máis ricos cá na arte merovinxia, con preferencia polo arco de medio punto sobre piares rectangulares ou cuadrangulares e a cuberta de madeira, aínda que tamén se empregou a bóveda de canón.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.