Escola Oficial de Idiomas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MVF (conversa | contribucións)
Nova páxina: En España, os estudos das '''Escolas Oficiais de Idiomas''' (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo q...
 
mSen resumo de edición
Liña 56: Liña 56:
*[http://www.eoidevigo.org/ Escola Oficial de Idiomas de Vigo]
*[http://www.eoidevigo.org/ Escola Oficial de Idiomas de Vigo]


[[Category:Educación]]
[[Category:Ensino]]


[[ca:Escola Oficial d'Idiomes]]
[[ca:Escola Oficial d'Idiomes]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2007 ás 13:57

En España, os estudos das Escolas Oficiais de Idiomas (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de deceembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:

  • Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
  • Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).

A Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade na Educación (B.O.E. 24 de decembro) modificou esta situación, adaptándoa ó actual esquema de tres niveis:

  • Nivel Básico
  • Nivel Intermedio
  • Nivel Avanzado

Os idiomas actualmente (2006) impartidos nas E.O.I. son os da lista que aparece a continuación, de acordo coa información que subministra o Ministerio de Educación, pero na práctica non se poden encontrar ensinanzas de todos estes idiomas en todas as E.O.I.

Poden inscribirse nas EOI as persoas que acabaran o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria E.S.O. o equivalente (Graduado Escolar, Certificado de Escolaridade ou Certificado de Estudos Primarios), polo que as EOI ofrecen estudos non universitarios de lingua estranxeira para adolescentes e adultos. España é o único país da Unión Europea que dispón dunha institución de ensino público, que ademais outorga títulos oficiais ó acabar os estudos, con esta finalidade.

As Escolas Oficiais de Idiomas enfróntanse nestes momentos a diversos retos para mellorar e harmonizar as súas ensinanzas coas que se ofrecen noutras institucións europeas. Entre eses retos destacan:

La inexistencia de un marco normativo estable ha provocado numerosos problemas entre los usuarios matriculados en las Escuelas Oficiales de Idiomas, ya que existen distintas normativas que no han sido aprobadas y a pesar de ello están utilizándose como referencia para la matrículación de los alumnos (como en el caso del Borrador de Decreto del Gobierno Valenciano, utilizado como referencia para la transición entre los planes de estudios y la matriculación del alumnado).

En Galicia hai EOI nos concellos de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cedeira, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro e Ferrol.

Ligazóns externas