Roseta (botánica): Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios + cda |
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{ |
{{Outros homónimos|Roseta}} |
||
[[Ficheiro: Starr_011104-0040_Aloe_vera.jpg|right|thumb|200px|Os [[áloe]]s teñen as follas a xeito de roseta.]] |
[[Ficheiro: Starr_011104-0040_Aloe_vera.jpg|right|thumb|200px|Os [[áloe]]s teñen as follas a xeito de roseta.]] |
||
Revisión como estaba o 1 de xullo de 2017 ás 17:23
En botánica chámase roseta[1] á disposición na que as follas dunha planta se distribúen moi xuntas, imbricadas en círculo, a xeito dos pétalos dunha rosa. Tamén se chaman follas rosuladas. Distribúense nunha porción moi curta do caule, dispostas espiraladamente.
As follas en roseta achegan vantaxes ás especies alpinas, onde a luminosidade é intensa durante o día (e a superficie fotosintetizante destas é grande), mais o frío á noite podería danificar o seu meristema apical. Por iso as follas máis novas permanecen curvadas sobre o mesistema, cubríndoo e illándoo da temperatura ambiente.
Na familia Bromeliaceae, a roseta actúa coma un captador de auga. As follas posúen vaíñas largas e apértanse unhas ás outras, facendo que o interior da roseta acumule a auga da choiva. Esta auga, algunhas veces con parte da materia orgánica alí depositada en decomposición, é absorbida polas células das propias follas, facendo que moitas bromelias, especialmente as epífitas teñan a súa función de absorción desempeñada máis polas follas que polas propias raíces.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roseta.