Fernando Olvera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
| nome = Fernando Olvera
| nome = Fernando Olvera
| imaxe = [[Image:Maná.jpg|200px]]
| imaxe = [[Image:Maná.jpg|200px]]
| lenda = Concerto da xira [[Amar es combatir World Tour]] en [[febreiro]] de[[2007]] en [[California]].
| lenda = Concerto da xira [[Amar es combatir World Tour]] ([[febreiro]] de[[2007]], [[California]])
| nome completo = José Fernando Emilio Olvera Sierra
| nome completo = José Fernando Emilio Olvera Sierra
| alias = Fher Olvera
| alias = Fher Olvera

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2007 ás 23:16

Modelo:Artista musical Fernando Olvera é compositor, guitarrista e vocalista da banda de rock mexicana Maná.

Biografía

Licenciado en Comunicación pola Universidade de UNIVA, os seus inicios musicais remóntanse a cando estudaba primaria, época na que participaba no coro da escola no que cantaba temas de Agustín Lara e Consuelito Velázquez.

Green Hat > Sombrero Verde

O xermolo do que hoxe é Maná foi a banda Green Hat formada en 1978, que axiña pasou a chamarse Sombrero Verde (en 1980). Fher Olvera foi parte desta formación que, malia o nome e as cancións en inglés dun primeiro momento, axiña se identificou coas súas raíces latinas.

Maná

En 1986 a banda troca o seu nome polo de Maná. Desde a formación de Green Hat até a actualidade, Fernando Olvera está vencellado a esta banda, que sufriu moitos cambios ao longo dos anos.

Influencias musicais

O mesmo Fher Olvera di que desde neno escoitou moito rock, xa que era o xénero do que gustaban as súas irmás maiores. Destas primeiras influencias destacan The Beatles e The Doors. Na actualidade confesa ser un grande admirador de Paul McCartney e Sting, aos que desexa imitar no que se refire ao seu estilo

Compromiso social

Fernando Olvera é coñecido non só como artista musical, senón tamém polo seu compromiso social. Preocúpanlle os conflitos sociais, o medio ambiente... Neste senso, destaca a súa excelente relación con Bono de U2, quen tamén é coñecido polo seu compromiso social.

Ligazóns externas