Alejandro González Trujillo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
| naceu = [[24]] de [[febreiro]] de [[1969]] en [[Miami]], [[Florida]] ([[Estados Unidos]] [[Image:Flag of USA.svg|20px]] ) |
| naceu = [[24]] de [[febreiro]] de [[1969]] en [[Miami]], [[Florida]] ([[Estados Unidos]] [[Image:Flag of USA.svg|20px]] ) |
||
| morreu = |
| morreu = |
||
| ocupación = batería e compositor |
|||
| xénero = [[Rock]] |
| xénero = [[Rock]] |
||
| instrumento = [[Batería]] |
| instrumento = [[Batería]] |
||
| selo = |
| selo = [[Universal Music Group|Universal Music]] |
||
| relacionado con = [[Maná]] |
| relacionado con = [[Maná]] |
||
| tempo en activo = |
| tempo en activo = |
Revisión como estaba o 23 de xullo de 2007 ás 20:17
Alejandro González, (“Álex”, “El Animal”) é un batería e compositor mexicano, membro do grupo de rock Maná, do que forma parte desde 1984, cando aínda se chamaba Sombrero Verde
Biografía
Orixes
Naceu en Miami, Florida (Estados Unidos), de pai colombiano e nai cubana. A súa afección pola percusión venlle de moi pequeno, xa que desde os tres anos gustaba de bater en caixas de cartón e potas. Aos catro anos a súa mestra regaloulle unha batería de xoguete, a primeira que tivo e a que tocou até que, aos doce anos, comezou a pensar en entrar nunha banda.
De Sombrero Verde a Maná
Cando Abraham Callejos saíu de Sombrero Verde os integrantes deste grupo puxeron un anuncio no xornal para buscar un novo batería. O seu padrasto viuno e amosoullo. Chamou e contestoulle Fher Olvera e entusiasmouse cando soubo que o grupo que solicitaba o batería era Sombrero Verde, xa que era un grupo moi coñecido entón en Guadalajara. Preferiu ser o último en realizar a proba e a Fher Olvera gustoulle a súa forma de tocar e presentoullo á banda. Aínda que, dado o escaso éxito de Maná nos seus comezos (despois de cambiar de nome), pensou en marchar do grupo, Fher Olvera convenceuno para que non o fixese. Desde entón Alejandro González é o batería de Maná.
Batería
Estilo e influencias
- Ringo Starr, foi o primeiro batería que viu, cando observou a The Beatles na tela. Cando o viu dixo: “Eso é o que quero facer o resto da miña vida”. As cancións de Abbey Road foron das primeiras que tocou.
- John Bonham, batería de Led Zeppelin.
- Keith Moon, batería de The Who, do que lle gustaba a súa rapidez, a súa presenza escénica e as loucuras que facía dentro e fóra do escenario.
- Stewart Copeland, batería de The Police, a súa influenza en pegarlle duro aos tambores, segundo recoñece o mesmo Álex González.
- Outras influencias son, por exemplo, Phil Collins, Terry Bozzio, Travis Barker, Patricio de Santa Sabina, Abraham Callejos ou Héctor Navarrete (que non toca en ningún grupo de renome, mais admírao).
Batería que usa
É batería exclusivo para DW Drums, usa parches Remo e sempre platillos Paiste.
Recoñecemento
É considerado o mellor batería de México e mesmo o mellor do mundo, aínda que el non gusta destes recoñecementos xa que afirma que hai xente con máis talento ca el, mais que non ten a sorte de tocar nunha banda coñecida.