Prisa TV: Diferenzas entre revisións
MVF (conversa | contribucións) Sen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
==Ligazóns externas== |
==Ligazóns externas== |
||
*[http://www.sogecable.es sogecable.es] |
*[http://www.sogecable.es sogecable.es] |
||
{{semcat}} |
|||
[[de:Sogecable]] |
[[de:Sogecable]] |
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2007 ás 13:02
Sogecable é un grupo líder da televisión de pago en España, fundado en 1989. Foi o pioneiro na introdución de sistemas interactivos e principalmente da Televisión Dixital en España. O seu labor consiste en xestionar e adquirir dereitos audiovisuais, así coma a distribución e produción de canles e xestión de abonados. Outras das súas actividades máis importantes é a produción, distribución e exhibición cinematográfica.
O seu proceso de reestruturación comezou en outubro de 2003 e finalizou en decembro de 2004, coa integración de Vía Dixital. Pretendían así redimensionar e reordear as actividades de Sogecable absorbendo os compromisos con canles temáticos, proveedores con dereitos audiovisuais e outros servizos. Con esta reestruturación contribuíu ó relanzamento audiovisual en España.
A produtora de Sogecable é Sogecine. É unha das principais distribuidoras e produtoras no territorio español, con especial importancia nestes momentos (ano 2005), tal que se vive unha profunda crise nesta industria.
As instalacións de Sogecable encóntranse en Tres Cantos, producendo a diario 23 canles de televisión, incluíndo as nove versións de Canal+ e outras 14 canles que están especializadas na emisión de diversas materias en exclusiva, como deportes, cine, documentais, infantil, música. Estas emítense e son distribuídas a través de Digital+, cable e ADSL.
En 2005, o grupo lanza unha nova canle de televisión en aberto e con carácter xeneralista e gratuíto; o quinto en España. O seu nome é Cuatro e ocupa a frecuencia que deixou Canal+ cando pasou a formar parte unicamente da emisión de Digital+ o 7 de novembro de 2005.
En 2006 Prisa lanzou unha Oferta Pública de Adquisición sobre un 20% das accións de Sogecable para aumentar a súa participación ata case un 50%. Deste xeito, Prisa controla de feito Sogecable.
O primeiro accionista de Prisa é Jesús de Polanco.