Baluarte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Bastión"
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 37: Liña 37:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
* Revelín
* [[Revelín]]
* [[Parapeto (militar)]]
* <br>

[[Categoría:Arquitectura militar]]

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2016 ás 11:34

Fortaleza de Bourtange en Vlagtwedde, Países Baixos. Fortaleza de forma pentagonal, mostra 5 baluartes, en cadanseu ángulo.

|Ficheiro:Murallas de la Fortaleza Valença do Miño.jpg|[[Baluarte]].

Ficheiro:Murallas de salvaterra.JPG|Baluarte no Castelo de Salvaterra de MiñoFortaleza de Salvaterra de Miño

Ficheiro:Castelo de Santo Antón na Coruña 14.jpg|Bastións no Castelo de Santo Antón, na Coruña.

Un baluarte (do provenzal baloart, do neerlandés bolwerk) ou bastión (do francés bastion) é unha construción defensiva que se proxecta cara ao exterior na muralla dunha fortaleza. Definición http://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/baluarte/  Adoita situarse nas esquinas dos 'muros de cortina', como punto forte da defensa contra o asalto de tropas inimigas.

Pode ter a forma pentagonal e, neste caso, componse de dúas faces, dous flancos e a liña de gola pola cal se entra á obra. O deseño do baluarte e o feito de que sobresaia do corpo da fortaleza permite cubrir os outros baluartes e os muros de cortina con fogo cruzado.

O baluarte era utilizado como plataforma de artillaría, o que obrigaba ao asaltante a situar as súas baterías de artillaría máis lonxe dos muros, diminuíndo deste xeito a súa efectividade.

O bastión foi desenvolvido a finais do século XV en Italia como parte do chamado trazado italiano e espallouse por toda Europa a principios do século XVI. A súa adopción é consecuencia da ineficiencia das fortificacións tradicionais (altas e delgadas murallas) ante o canón.[1]

Tipos de baluarte

Vista área dos bastións no castelo de Siklós, Hungría.
Un dos bastións no castelo de Copertino en Italia.
  • Baluarte en tenaces ou atenazado. Aquel cuxo ángulo flanqueado forma un entrante.
  • Baluarte truncado. O que ten substituído o ángulo flanquedo por un ou dous ángulos entrantes.
  • Baluarte de orellóns. Aquel cuxos ángulos retirados e convexos están cubertos cara ao centro pola extremidade da face chamada de orellón.
  • Baluarte destacado. Reduto en forma de baluarte.
  • Baluarte duplo. O que se constrúe en anfiteatro combinado con outros cando o terreo permíteo.
  • Baluarte irregular. O que carece de simetría.
  • Baluarte terraplenado ou cheo. O que está terraplenado interiormente.
  • Baluarte medio. O que ten unha face e un flanco.
  • Baluarte plano ou chan. O que ten medias golas en liña recta.
  • Baluarte real. O que se constrúe nas extremidades dos polígonos de oitenta a cen toesas porque ademais de ser susceptíbel de moitos entrincheiramentos e aloxar un crecido número de tropas pode resistir pola súa solidez aos esforzos das minas e os ataques máis vigorosos.
  • Baluarte regular. Aquel cuxa liñas e ángulos correspondentes son iguais entre si.
  • Baluarte romo. O construído en ángulo entrante.
  • Baluarte simple. Aquel cuxo terraplén coas mesmas dimensións que o da cortina segue arrodeado polas faces e flancos deixando a consecuencia un espazo baleiro que se utiliza para construír algún edificio como unha polvoreira, por exemplo.
  • Baluarte baleiro. Aquel que non está terraplenado do todo.[2]
Plano dunha fortaleza.

Notas

  1. The Estafes Atlas of Medieval Civilizations
  2. Dicionario enciclopédico Popular Ilustrado Salvat

Véxase tamén