Harvard University Press: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
* [http://www.hup.harvard.edu Sitio web oficial]
* [http://www.hup.harvard.edu Sitio web oficial]
* [http://harvardpress.typepad.com/ Blog] de Harvard University Press
* [http://harvardpress.typepad.com/ Blog] de Harvard University Press

{{Sencat}}


[[Categoría:Editoriais do Reino Unido]]
[[Categoría:Editoriais do Reino Unido]]

Revisión como estaba o 9 de abril de 2016 ás 23:59

Harvard University Press (HUP) é unha editorial fundada o 13 de xaneiro de 1913, como unha división da Universidade de Harvard, e especializada en publicacións académicas. En 2005, publicou 220 títulos novos. É membro da Association of American University Presses. A editorial ten as súas sedes en Cambridge, Massachusetts, preto de Harvard Square, e en Londres, Inglaterra.

Entre os seus autores de maior relevancia atópanse Eudora Welty, Walter Benjamin, E. O. Wilson, John Rawls, Emily Dickinson, Stephen Jay Gould, Helen Vendler, e Carol Gilligan.

Marcas editoriais e series relacionadas

HUP é propietaria da marca Belknap Press, que se inaugurou en maio de 1954 coa publicación da Harvard Guide to American History (en galego: Guía Harvard da Historia Americana).[1] A serie John Harvard Library publícase baixo o selo Belknap.

Harvard University Press distribúe a colección Loeb Classical Library e é editora de I Tatti Renaissance Library e de Dumbarton Oaks Medieval Library.

Outras editoriais de nome similar son Harvard Business Press, que é parte de Harvard Business Publishing, e a independente Harvard Common Press.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas