Hispania SL: Diferenzas entre revisións
categorias |
→Marcas: imaxe sindel |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
==Marcas== |
==Marcas== |
||
[[File:Johann Sindel Hispania.jpg|thumb|Caixa de lapis Johann Sindel Hispania.]] |
|||
Hispania vendía os seus produtos baixo diversas marcas e formatos. O seu logo eran dúas figuras humanas cas mans entrelazadas<ref>{{cita web|título=Herr Johann Sindel: un alemán muy "Hispaniol"|url=http://pencilvaniablog.blogspot.com.es/2012/12/herr-johann-sindel-un-aleman-muy.html|editor=pencilvaniablog|dataacceso=7 de outubro de 2013}}</ref> : |
Hispania vendía os seus produtos baixo diversas marcas e formatos. O seu logo eran dúas figuras humanas cas mans entrelazadas<ref>{{cita web|título=Herr Johann Sindel: un alemán muy "Hispaniol"|url=http://pencilvaniablog.blogspot.com.es/2012/12/herr-johann-sindel-un-aleman-muy.html|editor=pencilvaniablog|dataacceso=7 de outubro de 2013}}</ref> : |
||
* Hispania |
* Hispania |
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2015 ás 11:48
Coordenadas: 43°28′47″N 8°14′44″O / 43.47985, -8.24553
Hispania S.L. | |
---|---|
Logo na fachada da fábrica. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1934 (peche en 1986) |
Localización | Ferrol Galiza |
Fundador | Alberto Fernández Martin |
Industria | Material de escritorio |
Produtos | Lapis, bolígrafos |
Número de empregados | 400 (anos 1950) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hispania SL foi unha fábrica de lapis e material de escritorio fundada en Ferrol polo empresario ferrolán Alberto Fernández Martin que tiña tamén a empresa de redes Defer, a de bolígrafos Bolfer e a téxtil Textilfer[1] .
Historia
Alberto Fernández Martín era representante de material de escritorio e vendo as posibilidades de negocio decidiu fundar a empresa xunto con outros socios: José Andrés Vázquez, Benito Alvariño, Eusebio Pérez del Hierro, Esteban Ramil, Antonio Veiga e Luis de la Muela. Situaron a fábrica no barrio ferrolán de Ferrol Vello, preto do porto de Ferrol.
Nos seus inicios contrataron o técnico alemán Johann Sindel, que se fixo cargo da dirección da produción e que deu nome a algúns dos seus produtos máis coñecidos. Na década de 1950 iniciaron a produción de bolígrafos. Os anos 1960 e 1970 foron de crecemento da empresa, ata a apertura do mercado español a produtos foráneos, o que supuxo a perda de mercado. A necesidade de actualizar e modernizar a empresa nunca se fixo xa que o mercado estaba a trocar preferindo outros produtos como bolígrafos de cores e portaminas.
Hispania estivo aberta ata 1981. O peche definitivo foi en 1986, cando se tomou a decisión de disolver a sociedade, foi liquidada e vendidas as instalacións. A principios de 2012 derrubouse a vella fábrica de estilo modernista, que xa estaba en ruína.
Marcas
Hispania vendía os seus produtos baixo diversas marcas e formatos. O seu logo eran dúas figuras humanas cas mans entrelazadas[2] :
- Hispania
- Johann Sindel[3]
- Mercantil
- Competidor
- Plumas de aceiro
- Peites de caucho
Notas
- ↑ Urban Idade (ed.). "Posts etiquetados ‘Lapices Hispania’". Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ pencilvaniablog (ed.). "Herr Johann Sindel: un alemán muy "Hispaniol"". Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ Truby, Bob. "Johann Sindel". Consultado o 7 de outubro de 2013.