Pato Lucas: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita" |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
=== Fala hispana === |
=== Fala hispana === |
||
Na fala hispana, coa que se emitiu en Galiza, o personaxe tivo diferentes actores de dobraxe. O personaxe foi interpretado por [[Jorge Arvizu]] nas súas primeiras aparicións, para ser retomado por [[Arturo Mercado]]. Actualmente a voz do personaxe recae en [[Luis Alfonso Mendoza]], aínda que a dobraxe hoxe en día |
Na fala hispana, coa que se emitiu en Galiza, o personaxe tivo diferentes actores de dobraxe. O personaxe foi interpretado por [[Jorge Arvizu]] nas súas primeiras aparicións, para ser retomado por [[Arturo Mercado]]. Actualmente a voz do personaxe recae en [[Luis Alfonso Mendoza]], aínda que a dobraxe hoxe en día adoita ser en castelán no territorio español. |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2015 ás 18:42
O Pato Lucas[1] (Daffy Dumas Duck nome en inglés orixinal), xurdido o 17 de abril de 1937, é un parrulo bravo que aparece en diferentes capítulos do programa de debuxos animados Looney Tunes, só ou na compaña de Bugs Bunny, Yosemite Sam (Sam Bigotes), Porky Pig, Elmer Fudd, ou Speedy Gonzales, de carácter avarento, rabuxento e lingoreteiro, vémolo desenvolvendo varios papeis (vendedor de seguros, heroe intergaláctico, suplantador ou dobre de Bugs Bunny, etc.) aínda que todos os seus plans rematan case sempre en fracasos.
Porén, cómpre salientar que cando se creou o personaxe (1937), este era bastante tolo e non tiña mal xenio ningún, polo que ademais todo lle saía ben tal como ao Bugs Bunny.
Nuns debuxos do Pato Lucas de 1937, comparado cuns de hoxe, pódese apreciar que cando o personaxe está con Elmer Fudd é un parrulo tolo, e cando se atopa co Bugs Bunny é endemoñado, fungón e desafortunado.
Curiosidades
Na serie animada Os Simpson, Abe Simpson cítao coma un dos seus amigos relacionados co Partido Comunista dos Estados Unidos, en clara referencia á era McCarthy.
O Pato Lucas apareceu coma o malo en "Law and Toons" de Flash Toons de Nickelodeon.
O mesmo ca Bugs Bunny, Lucas tamén ten unha famosa frase característica, Es despreciábel, frase coa que sempre arremete cara Bugs. Frase que unha vez utiliza o Joker na serie a liga da xustiza a Batman.
Actores de voz
Estados Unidos
- Mel Blanc (1937 - 1989)
- Jeff Bergman (1989 - 1992, 2011-Presente)
- Dee Bradley Baker (en: Space Jam)
- Jeff Bennett (Na curta: Attack of the Drones)
- Frank Goshin (Na curta: Superior Duck)
- Mel Tormé (Voz cantanda da curta: Night of the Living Duck)
- Joe Alazkey (Voz actual desde 1992 alternando con Jeff Bergman e Dee Bradley Baker)
Fala hispana
Na fala hispana, coa que se emitiu en Galiza, o personaxe tivo diferentes actores de dobraxe. O personaxe foi interpretado por Jorge Arvizu nas súas primeiras aparicións, para ser retomado por Arturo Mercado. Actualmente a voz do personaxe recae en Luis Alfonso Mendoza, aínda que a dobraxe hoxe en día adoita ser en castelán no territorio español.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato Lucas |