Pieter Saenredam: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Dom-Utrecht.png|thumb|right|200px|Debuxo de Pieter Jansz Saenredam: Vista do interior da Sé de Utrecht]]

'''Pieter Jansz Saenredam''' ([[Assendelft]], [[9 de xuño]] de [[1597]] - inhumado en [[Haarlem]] o [[31 de maio]] de [[1665]]) foi un pintor [[Holanda|holandés]], especializado na pintura de igrexas.
'''Pieter Jansz Saenredam''' ([[Assendelft]], [[9 de xuño]] de [[1597]] - inhumado en [[Haarlem]] o [[31 de maio]] de [[1665]]) foi un pintor [[Holanda|holandés]], especializado na pintura de igrexas.



Revisión como estaba o 31 de marzo de 2007 ás 15:40

Debuxo de Pieter Jansz Saenredam: Vista do interior da Sé de Utrecht

Pieter Jansz Saenredam (Assendelft, 9 de xuño de 1597 - inhumado en Haarlem o 31 de maio de 1665) foi un pintor holandés, especializado na pintura de igrexas.

Saenredam era fillo do impresor e debuxante Jan Pietersz Saenredam (1565-1607), que nacera en Zaandam, que naquela época era denominada Saenredam. Contemporáneo de Rembrandt, é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e con os esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lápis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores con un intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.