Pieter Saenredam: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Saenredam_Bavo.jpg|thumb|right|250px|Interior de San Bavón, Haarlem, 1648, óleo sobre táboa. ''National Gallery of Scotland, Edinburgo'']]
[[Image:Saenredam_Bavo.jpg|thumb|right|250px|Interior de San Bavón, Haarlem, 1648, óleo sobre táboa. ''National Gallery of Scotland, Edinburgo'']]
[[Image:Saenredam_Nieuwekerk_Haarlem.jpg|250px|thumb|Interior da Nieuwe Kerk, Haarlem, 1652.]]

'''Pieter Jansz Saenredam''' ([[Assendelft]], [[9 de xuño]] de [[1597]], - inhumado en [[Haarlem]] o [[31 de maio]] de [[1665]], ) foi un pintor [[Holanda|holandés]], especializado na pintura de igrexas.
'''Pieter Jansz Saenredam''' ([[Assendelft]], [[9 de xuño]] de [[1597]], - inhumado en [[Haarlem]] o [[31 de maio]] de [[1665]], ) foi un pintor [[Holanda|holandés]], especializado na pintura de igrexas.



Revisión como estaba o 30 de marzo de 2007 ás 23:27

Ficheiro:Saenredam Bavo.jpg
Interior de San Bavón, Haarlem, 1648, óleo sobre táboa. National Gallery of Scotland, Edinburgo
Interior da Nieuwe Kerk, Haarlem, 1652.

Pieter Jansz Saenredam (Assendelft, 9 de xuño de 1597, - inhumado en Haarlem o 31 de maio de 1665, ) foi un pintor holandés, especializado na pintura de igrexas.

Saenredam era fillo do impresor e debuxante Jan Pietersz Saenredam (1565-1607), que nacera en Zaandam, que naquela época era denominada Saenredam. Contemporáneo de Rembrandt, é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e con os esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lápis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores con un intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.