Chișinău: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Chișinău" é un artigo bo; cambios estética
m Norrin strange moveu a páxina "Chisinau - Chișinău" a "Chișinău"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2014 ás 08:12

Modelo:Cidade

O parque central ‘‘Ştefan cel Mare’‘

Chișinău (pronúnciase /ki.ʃi.'nəǔ/, quixinau) é a capital e a maior cidade da Moldavia, antigamente coñecida como Kishinev. É tamén considerada unha das capitais máis arborizadas da Europa e é a máis grande da república. Localízase no centro xeográfico do país, ás marxes do río Bîc.

Economicamente, a cidade é o maior centro comercial e industrial da área, así como o maior nó de comunicacións. A cidade de Chisinau é un dos centros culturais de Moldavia e é unha das capitais europeas con maior proporción de zonas verdes.

Cunha poboación de 592.900 habitantes (2007) que chega aos 911.400 ca súa area metropolitana, Chișinău considérase a segunda maior cidade de lingua romanesa do mundo, despois de Bucarest.

Do total da súa poboación, cerca do 73% son de etnia moldava/romanesa, en canto que un 13% son rusos, un 8,5% de ucraínos e 1,2% de búlgaros. O restante está composto de diversos grupos étnicos, como os gagaúces.

Durante a ocupación soviética, Chișinău oficialmente chamábase Kishinev (Кишинёв) e así aínda é coñecida en moitos países, como un dos vestixios da era comunista.

Ligazóns externas

Modelo:Link GA