Centro Arqueolóxico de Salinae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Museos de Vigo mediante HotCat
Liña 8: Liña 8:


[[Categoría:Museos de Vigo]]
[[Categoría:Museos de Vigo]]
[[Categoría:Vigo sen imaxes]]

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2014 ás 10:35

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a única salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e, o mesmo tempo da Xunta de Galicia.

As salinas foron descubertas en 1998 durante as excavacións da construcción dun centro de saúde do Sergas. A intervención arqueolóxica estivo a cargo de J.C. Castro Carrera, da empresa Anta de Moura S.L.. Decidíuse modificar o proxecto do centro de saúde para conservar e musealizar o xacemento. Para o que se invertiron 1'4 millóns de euros.

O proxecto do centro paralizouse en 2001 e, non foi ata finais do 2008 cando estivo preparado para a súa inauguración. A musealización da salina foi levada a cabo pola empresa Ingeniaqed S.A. e, a parte arquitectónica, polo arquitecto G. Santos-Zas.

Encóntrase no centro da cidade de Vigo, no 21-23 da rúa Rosalía de Castro, na praza do centro de saúde homónimo. A visita é gratuita e ofrece a posibilidade de visitas guiadas. Actualmente o horario de apertura ó público é de martes a domingo de 11 a 14 horas.