Diferenzas entre revisións de «Also sprach Zarathustra»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Xa na viaxe, en barco desde as illas, conta a quen desexa escoitalo o contido do seu soño. Alí chama dunha maneira especial a identificación do personaxe coas esperiencias e viencias que está tendo a medida que a súa vida evoluciona. Deste modo, ten a oportunidade de seguir reflexionando sobre as ideas dos tres males:o egoísmo, a ambición de poder e a voluptuosidade. A partir do soño coa serpe a que lle arrinca a cabeza, comeza a sentir que vai sandar o mal do fastío que sempre o acampañou. Zaratrusta volve actuar como poeta que canta poemas nos que expresa a felicidade que lle proporciona o estado en que se sente, son unha loanza ao concepto de eterno retorno do idéntico.
 
Na cuarta parte a acción faise máis complexa e máis novelesca no sentido clásico do termo. O autor comeza narrando como o protagonista se queda nas montañas desfrutando da soidade e do tempo de moitos meses e anos que fan del un ancián cuxos cabelos tornan brancos.A felicidade de Zaratrusta expresada ao final da terceira parte pode conducir a pensar que dese modo e nese momento remataría a obra. Con todo, o autor non parece satisfeito e segue narrando o que pasa dentro do protagonista despois dese momento que non parece movelo máis ala do anhelo de regresa outra vez xunto aos homes, pero si a necesidade de falar de si mesmo e da súa doutrina. Zaratrusta está cheo de felicidade e quere servir de atractivo para que sexan os homes quen veñan xunto del e non ao revés como fora ata agora. Sobe entón a unha montaña a realizar a ofrenda do mel e ao día seguinte encóntrase co adiviño e escoita o grito de socorro do home superior , a cuxo encontro se pon en camiño en contra da opinión do propio adiviño. Na marcha hacia o lugar de onde procede o grito atópase con diferentes homes aos que invita a que o visitenvaian visitar durante a noite na cova. En primerio lugar encóntrase cun CORTEJO no que viaxan os dous reis que queren velo, pois non se deixaron influenciar polo pobo e buscaban tamén a ese ser que é mellor que eles; logo ao concienzudo do espiríto que manifesta que se sente seguidor de Zaratrusta; logo ao [[mago]] a quen invita a súa cova; ao xubilado, un acián que busca ao verdadeiro Zaratrusta; ao último Papa, que non ten nada que facer despois de que Deus morrese e busca ao Zaratrusta máis piadoso de todos os ateos; ao máis feo dos homes que matou a Deus e lle agradece a Deus o seu desprezo pola compaixón; ao mendigo voluntario que deixou as súas riquezas para servir aos pobres e para quen Zaratrusta é o único home que admira; a súa propia sombra na que recoñece a eliminación dos seus valores periclitados, pero tamén a desorientación a que pode levalo o exceso de autonomía. No camiño de regreso escoita o grito que sae da súa cova e ve a todos os que encontrou pola mañá en dirección ao lugar do cal procede o grito e saludanse. Dentro todos xuntos, incluidos os animais e un asno, celebran a cea. Nela mediante vinte discursos, fálalles aos seus comensais sobre a realidade do home superior
 
==Espacio da obra==

Menú de navegación