Xuventudes Socialistas de España: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
|definición = Partido político de [[España]] |
|definición = Partido político de [[España]] |
||
|mocidades= s/d |
|mocidades= s/d |
||
|líder= |
|líder= |
||
|secretario xeral = |
|secretario xeral = [[Nino Torre]] |
||
|cor=# |
|cor=#FF0002 |
||
|logo = |
|logo = |
||
|parlamento = |
|parlamento = |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
|sede= C/Ferraz, 70. 28008 [[Madrid]] |
|sede= C/Ferraz, 70. 28008 [[Madrid]] |
||
|web = [http://www.jse.org www.jse.org] |
|web = [http://www.jse.org www.jse.org] |
||
|publicación = |
|publicación = ''[[Renovación (revista)|Renovación]]'' |
||
|filiación internacional = |
|filiación internacional = |
||
}} |
}} |
Revisión como estaba o 19 de decembro de 2013 ás 10:06
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
JSE | |
---|---|
Partido político de España | |
Mocidades | s/d |
Historia | |
Fundación | 1903, Erandio, Vizcaya |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | esquerda, laicismo, republicanismoSocialdemocracia, socialismo democrático, progresismo federalismo, ecologismo, internacionalismo, feminismo,europeismo |
Outros datos | |
Sede | C/Ferraz, 70. 28008 Madrid |
Publicación | Renovación |
Na rede | |
www.jse.org | |
Xuventudes Socialistas de España (JSE) é a organización xuvenil de ideoloxía de esquerda, socialista democrático, progresista, republicana e laica afín ao Partido Socialista Obreiro Español. Ten independencia ou autonomía orgánica e política respecto ao PSOE. Foi fundada en Erandio, Biscaia, en 1903 por Tomás Meabe.[1]
Orixes
A situación laboral dos mozos españois, sobre todo nas empresas mineiras e siderúrxicas do norte de España, así como a vontade de combater o nacionalismo vasco, levou a Tomás Meabe a fundar a primeira agrupación de mozos socialistas en Bilbao en 1903, imitando o modelo austríaco e de acordo coas teses propugnadas por Rosa Luxemburgo. En 1905, celebrábase en Madrid o II Congreso ordinario do Partido Socialista, no que se recoñece a organización de Meabe como rama xuvenil do PSOE.
Do 14 ao 17 de abril de 1906 celebran o seu primeiro congreso como Federación Nacional de Xuventudes Socialistas de España. Esta primeira toma de contacto non vén acompañada dun programa político claro, limitándose a formular unha opción antimilitarista. Tamén se caracterizaban pola súa loita contra o alcoholismo xuvenil, moi estendido entre a clase obreira naquela época. O seu órgano de prensa dende febreiro de 1907 foi Renovación. A organización é recoñecida como tal polo PSOE en 1908.
En 1910 realiza as primeiras mobilizacións masivas contra a guerra de Marrocos e, posteriormente, contra a Primeira Guerra Mundial.
Moi activa durante a folga xeral durante a coñecida como crise española de 1917, obtería nas filas do PSOE o seu primeiro deputado en 1918.
As Xuventudes Socialistas na actualidade
Tras a legalización en marzo de 1977, celebran o XIII Congreso en Madrid e elíxese a Juan Antonio Barragán como Secretario xeral, o primeiro dirixente non exiliado. A partir desta data, as JSE seguen o mesmo camiño que o PSOE, renunciando ao marxismo como doutrina única socialista. En 1984, Javier de Paz é elixido secretario xeral das JSE.
Dende 2012 o Secretario Xeral é Marcelino Torre Canto, sucedendo a Sergio Gutiérrez Prieto, eurodeputado do PSOE, elixido no Congreso Federal de 2007. Sergio Gutiérrez saíu elixido como único candidato do 23º Congreso Federal celebrado o 20, 21 e 22 de xullo de 2007, contando con máis do 90% do apoio dos delegados.
As Xuventudes Socialistas de España son membros do Consello da Xuventude de España, ostentando a Coordinación interna.
Notas
- ↑ Estatutos Federales del PSOE artº 87