Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O referendo de autodeterminación de Cataluña é un referendo de independencia que está previsto que se celebre durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado po..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2013 ás 04:23

O referendo de autodeterminación de Cataluña é un referendo de independencia que está previsto que se celebre durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió i oriol Junqueras por parte Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012 e coñecido como Pacto pola Liberdade. O acordo permite que Artur Mas sexa investido Presidente da Generalitat de Catalunya por segunda volta. O referendo iría precedido da aprovación dunha Lei de consultas durante o 2013. Diante dunha eventual negativa do Goberno Español á aprobación dunha consulta legal sobre a independencia de Cataluña ou ao total impedimento dunha consulta mediante a lei catalá por parte das institucións españolas, o presidente Artur Mas declarou o 5 de setembro do 2013 que habería que convocar unhas eleccións en clave plebiscitarias. Unhas eleccións que se deberían celebrar como moi tarde no 2016 xa que é o derradeiro ano de lexislatura.