Microsoft Access: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Bases de datos mediante HotCat |
|||
Liña 4: | Liña 4: | ||
[[Categoría:Software ofimático]] |
[[Categoría:Software ofimático]] |
||
[[Categoría:Bases de datos]] |
Revisión como estaba o 25 de maio de 2013 ás 12:06
Microsoft Access é un programa de base de datos creado pola empresa Microsoft. Como outros programas deseñados para a mesma función e baseados na programación orientada a obxectos, traballa con táboas e consultas, aínda que que as súas unidades máis básicas son os chamados campos e rexistros. Permite establecer as propiedades e procedementos para os seus obxectos e posúe asistentes para a creación de moitos dos seus elementos. Aínda que relativamente doado de usar ata certo nivel de complexidade, tén a limitación de que para ulteriores cálculos debe traballarse con código de programación: no caso de Access, trátase dunha modificación restrinxida de VisualBasic aplicada a Access. Outras características de Access son a existencia de formularios, macros, páxinas de acceso a datos e módulos, así coma a posibilidade de relacionar os seus elementos con outras aplicacións de Microsoft.