Mexicas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rmb (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Rmb (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:


== Bibliografía ==
== Bibliografía ==
* R. BOLAÑOS MARTÍNEZ </small>. ''Historia, nuestro pasado : la sociedad y civilizacion de nuestro tiempo , Volumen 2''. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.
* R. BOLAÑOS MARTÍNEZ </small>. ''Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilizacion de nuestro tiempo, Volumen 2''. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.





Revisión como estaba o 17 de abril de 2013 ás 09:33

Imaxe do folio 4 do Códice Boturini (tira da Peregrinación): Huitzilopochtli dilles ós Aztecas que comezarán a chamarse Mexicas.

A civilización Mexica

Os Mexicas,eran unha tribo nómada e atlacachichimeca, é dicir, "pescadores e cazadores". Non temos moita información do itinerario que habían seguido hasta que chegaron as inmediacions de San Juan do Río, onde xa atopamos mais información é a súa chegada ó Val de México. Segundo o Códice Boturini ou “Tira da Peregrinación”, veñen dos antigos Aztecas, pero empezan a denominarse Mexicas cando o deus tutelar Huitzilopochtli dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, momento que deixarían de chamarse Aztecas (tribo procedente de Aztlán, de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse Mexicas, cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados según a Lenda da fundación do Imperio Azteca: o deus Huitzilopochtli ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade México-Tenochtitlan.

A cosmogonía Mexica

Non só cambiaron o seu nome senón tamén algunhas das súas crenzas. As ideas cosmogónicas dos mexicas explicaban o orixe do mundo e dos homes por medio de Ometéotl, deidade dobre integrada por Ometecuhtli o señor dous e Omecíhuatl a señora dous, parella creadora do universo e do xénero humano que radicaba no Omeyoca; xunto a estas deidades houbo outra parella Tonacatecuhtli e Tonacacíhuatl, señor e señora encargados de alimentar a humanidade; unha terceira parella importante de deuses relacionados coa existencia da humanidade foron Intonan e Intota, madre e pai dos homes. Había outras deidades maiores como Yohualli e Enecatl, o invisible e impalpable; Moyocoyani creador de si mesmo; a parella Tezcatlipoca e Tezcatlanextia, que iluminan e escurecen o ceo; Huehueteoti o Xiuhtecuhtli o vello señor do fogo e da vexetación. Ademais de algunhas deidades menores como Xochipilli e Xochiquetzal deuses do amor, das flores e da primavera; Centéotl e Xilonen, deuses do millo; Chalchiutlicue deusa da auga dos ríos e lagos; Chicomécoóatl deusa da fertilidade e a abundancia; así como moitas outras deidades particulares.

Bibliografía

  • R. BOLAÑOS MARTÍNEZ . Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilizacion de nuestro tiempo, Volumen 2. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.