Saltar ao contido

Aztlán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aztlán é o fogar ancestral lendario dos Aztecas. Na lenda é representado como unha illa nun lago localizado no que agora é o norte de México (ou posiblemente o sueste dos Estados Unidos), desde o cal os primeiros aztecas emerxeron ó principio do cuarto mundo. A palabra Azteca, raramente usada polos Mexicas (outro nome dado ós aztecas) para describirse a si mesmos, deriva da palabra Aztekatl, que significa "de Aztlán". As características deste lugar teñen un rol que non vai máis aló da lenda da cal di que o deus Huitzilopochtli lles ordenou que partisen deste país.

O significado da palabra é lugar da brancura ou lugar das garzas (do náhuatl azta=paxaros brancos + tlan (tli)=arraigado (lugar de orixe).

Durante a conquista española de México, a historia de Aztlán gañou importancia e foi divulgada por Frei Diego Durán (1581) e outros como un paraíso, libre da enfermidade e da morte, que existiu nalgunha parte no norte afastado. Estas historias axudaron a iniciar expedicións dos españois no que agora é o suroeste dos Estados Unidos.

Aztlán tamén dá o seu nome a varios movementos políticos hispánicos nos Estados Unidos, tales como o Consejo revolucionario y Gobierno provisional de Aztlán y de Mecha, tamén coñecido como Movemento Estudiantil Chicano de Aztlán. Nesta conexión, refírese a miúdo a ambicións irredentistas de independencia ou unión con México para os estados do suroeste dos Estados Unidos, que México controlou antes do Tratado de Guadalupe Hidalgo en 1848.