Salto do Nervión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3331650
Liña 9: Liña 9:
[[Categoría:Xeografía do País Vasco]]
[[Categoría:Xeografía do País Vasco]]


[[es:Salto del Nervión]]
[[eu:Nerbioi ibaiaren jauzia]]
[[eu:Nerbioi ibaiaren jauzia]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2013 ás 14:08

Salto do Nervión, en inverno.

O salto do Nervión é un salto vertical de 220 m de altura que ten como orixe a confluencia dos regatos Iturrigutxi, Ajiturri e Urita, nacidos entre as serras de Gillarte e Gibijo. Esta fervenza só existe en época de choivas ou desxeo de neves, o que dá lugar a que a cachoeira só apareza de forma esporádica.

Atópase no límite da provincia de Burgos e da de Álava, xunto ao porto de Orduña, entre a serra de Gibijo e o monte Santiago. Pódese acceder a un miradoiro desde a parte sur de dito porto por Berberana ou desde a parte norte partindo de Orduña (un enclave biscaíño situado en Álava) e continuando por terras alavesas até coroar o porto. Tamén se pode andar polo canón do Délica até a mesma parede, pero é máis dificultoso xa que hai que ir andando a treitos polo leito do río.

Val do Délica visto desde o Salto do Nervión.