Freguesía: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh:堂区 (葡萄牙) |
m Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1131296 |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[Categoría:Subdivisións de Portugal]] |
[[Categoría:Subdivisións de Portugal]] |
||
[[an:Freguesía]] |
|||
[[ast:Freguesia]] |
|||
[[ca:Freguesia]] |
|||
[[de:Freguesia]] |
|||
[[en:Freguesia (Portugal)]] |
|||
[[eo:Freguesia]] |
|||
[[es:Freguesia]] |
|||
[[fi:Freguesia]] |
|||
[[fr:Freguesia]] |
|||
[[he:פרגזיה]] |
|||
[[it:Freguesia]] |
|||
[[la:Parochia (Lusitania)]] |
|||
[[mwl:Freguesie]] |
|||
[[nl:Freguesia]] |
|||
[[pt:Freguesia]] |
|||
[[ru:Фрегезия]] |
|||
[[sv:Freguesia]] |
|||
[[zh:堂区 (葡萄牙)]] |
Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 18:47
A freguesía, en portugués freguesia, é a menor división administrativa do territorio en Portugal e no antigo Imperio Portugués, que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.
En Portugal e no antigo Imperio Portugués
En Portugal unha freguesía é unha división administrativa obrigatoria para todos os concellos, isto quere dicir que todos deben ter polo menos unha, agás o de Vila do Corvo, onde esta división territorial non existe. As freguesías son gobernadas por unha junta de freguesia (xunta de freguesía), un órgano executivo que é elixido polos cidadáns censados no respectivo territorio.
En Portugal existen 4257 freguesías, con extensións que van dos 100 km² a apenas algunhas hectáreas, e poboacións de ducias de persoas a ducias de millares de habitantes. Os municipios son os encargados de propor e crear novas freguesías no seu territorio, que deben obedecer a un conxunto de criterios fixados por lei. En Portugal hai 5 concellos que constan dunha soa freguesía, e o concello de Barcelos ten 89, por exemplo.
As autoridades portuguesas establecen tres tipos diferentes de freguesías, para efectos de ordenamento do territorio:
- freguesías urbanas - freguesías que posúen unha densidade de poboación superior aos 500 h/km² ou que integren un lugar con poboación residente superior ou igual aos 5.000 habitantes.
- freguesías semi-urbanas - freguesías non urbanas que posúen unha densidade de poboación superior aos 100 h/km² e inferior ou igual aos 500 h/km², ou que integren un lugar con poboación residente superior ou igual a 2.000 habitantes e inferior a 5.000 habitantes.
- freguesías rurais - as restantes.
As freguesías están representadas nos órganos municipais polo presidente da xunta, que ten lugar, por inherencia de cargo, na asemblea municipal. As freguesías teñen cadanseu escudo e cadansúa bandeira. As freguesías portuguesas son a representación civil das antigas parroquias católicas; moitas delas xurdiron idénticas ás antigas unidades eclesiásticas medievais.
Curiosidade
O termo freguês en portugués tamén designa o asistente habitual a unha igrexa católica, así como o cliente habitual dunha tenda, tamén chamada freguesia.