Paulina Rubio: Diferenzas entre revisións
m r2.6.5) (Bot: Engado: simple:Paulina Rubio |
m r2.7.2) (Bot: Engado: sco:Paulina Rubio |
||
Liña 82: | Liña 82: | ||
[[ro:Paulina Rubio]] |
[[ro:Paulina Rubio]] |
||
[[ru:Рубио, Паулина]] |
[[ru:Рубио, Паулина]] |
||
[[sco:Paulina Rubio]] |
|||
[[sh:Paulina Rubio]] |
[[sh:Paulina Rubio]] |
||
[[simple:Paulina Rubio]] |
[[simple:Paulina Rubio]] |
Revisión como estaba o 6 de marzo de 2013 ás 10:06
Modelo:Artista musical Paulina Susana Rubio Dosamantes, coñecida artísticamente como Paulina Rubio, nada na Cidade de México o 17 de xuño de 1971, é unha cantante e actriz mexicana que vendeu máis de 20 millóns de discos en toda a súa carreira discográfica. O 30 de abril de 2007, contraeu nupcias co empresario español, Nicolás Vallejo-Nájera "Colate".
Traxectoria
Deuse a coñecer no seu país natal co grupo musical 'Timbiriche' en 1981 e sepárase do grupo en 1991 logo de gravar preto de 10 álbums de estudo con eles. En 1992 lanza La chica dorada, sendo o seu debut discográfico en solitario coa compañía EMI Music . Tempo despois lanzaría os seus seguintes álbums: 24 kilates, El tiempo es oro, considerado o mellor traballo da cantante con esta compañía discográfica, aínda que non o máis recoñecido, e Planeta Paulina, último en gravar con EMI Music. Máis tarde Paulina Rubio convertiuse nunha das artistas mexicanas con máis proxección de México, pero sen lugar a dúbida o seu mellor momento musical chegaría tempo despois.
No ano 2000, asinou contrato con Universal Music Group, compañia que a levaría a ser coñecida internacionalmente, nese mesmo ano lanza o seu disco Paulina. O disco colocouse como o máis vendido do ano 2001, entregaronlle 2 discos de diamante por máis de 2.000.000 millóns de unidades en mondo. En España consagrouse como a primeira artista mexicana en conquistar o público español grazas ao tema "Vive el verano". O álbum Paulina editouse en países como Italia o España debido aos sinxelos como "Lo haré por ti", "Y yo sigo aquí", "Yo no soy esa mujer" e "El último adiós". Para ese tempo os medios chamárona o "Huracán Mexicano"[1] debido ó éxito na súa carreira.
En 2002, Universal Music e Paulina Rubio deciden que é tempo de dar un paso internacional co disco Border Girl, disco que conseguiu Disco de Ouro en Estados Unidos, Canadá, Italia e Xapón, o seu primeiro sinxelo "Don't Say Goodbye" filtrouse rápidamente en varios paises de Latinoamérica, o vídeo e canción gustaron ó público nipón e foi entón cando paulina fixo unha xira en Xapón. En 2004 pública o seu terceiro álbum internacional Pau-latina con singles como "Te Quise Tanto" e "Dame Otro Tequila" que ocuparón os primeiros lugares dos charts de América Latina e Estados Unidos.[2][3]
Seguíronlle Ananda en 2006 e Gran City Pop en 2009. Paulina logrou vender máis de 20 millóns de discos e 1 millón de descargas dixitais ao longo da súa carreira.[4][5]
A finais de 2011 sae o seu décimo disco, Brava!. Antes de publicalo xa anticipou un single titulado "Me Gustas Tanto".
Discografía
- 1992: La chica dorada
- 1993: 24 kilates
- 1995: El tiempo es oro
- 1996: Planeta Paulina
- 2000: Paulina
- 2002: Border Girl
- 2004: Pau-latina
- 2006: Ananda
- 2009: Gran City Pop
- 2011: Brava!
Notas
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paulina Rubio |
Ligazóns externas
- Web oficial (en castelán)