Aterinópsidos: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado: sv:Atherinopsidae |
m r2.6.5) (Bot: Engado: la:Atherinopsidae |
||
Liña 45: | Liña 45: | ||
[[fr:Atherinopsidae]] |
[[fr:Atherinopsidae]] |
||
[[it:Atherinopsidae]] |
[[it:Atherinopsidae]] |
||
[[la:Atherinopsidae]] |
|||
[[lt:Neotropinės aterinos]] |
[[lt:Neotropinės aterinos]] |
||
[[nl:Atherinopsidae]] |
[[nl:Atherinopsidae]] |
Revisión como estaba o 5 de marzo de 2013 ás 13:56
Os Aterinópsidos (Atherinopsidae) son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Ateriniformes (Atheriniformes). Agrupa especies mariñas e de auga doce, distribuídos en augas tropicais e temperadas de América.
Características
Posúen dúas aletas dorsais amplamente separadas, a primera con espiñas brandas e a segunda cunha espiña seguida de radios brandos, o mesmo que a aleta anal; as aletas pectorais situadas nunha posición alta no corpo. Boca pequena terminal ou subterminal.
Presentan unha ampla banda lateral prateada (á que deben o nome local de silversides). Dúas liñas laterais divididas, a superior esténdese sobre a banda lateral rematando antes da orixe da aleta anal, a inferior na parte ventral esténdese ata o pedúnculo caudal.
Os tamaños rexistrados oscilan entre os 52 cm para Odontesthes bonariensis e os 4 cm para Menidia colei.
Aliméntanse de zooplancto, insectos, pequenos peixes e, en ocasións, de caracois.
Clasificación
Dixídense en dúas subfdamilias, 13 xéneros e 104 especies:
- Subfamilia Atherinopsinae:
- Xénero Atherinops (Steindachner, 1876)
- Xénero Atherinopsis (Girard, 1854)
- Xénero Basilichthys (Girard, 1855)
- Xénero Colpichthys (Hubbs, 1918)
- Xénero Leuresthes (Jordan y Gilbert, 1880)
- Xénero Odontesthes (Evermann y Kendall, 1906)
- Subfamilia Menidiinae:
- Xénero Atherinella (Steindachner, 1875)
- Xénero Chirostoma (Swainson, 1839)
- Xénero Labidesthes (Cope, 1870)
- Xénero Melanorhinus (Metzelaar, 1919)
- Xénero Membras (Bonaparte, 1836)
- Xénero Menidia (Bonaparte, 1836)
- Xénero Poblana (de Buen, 1945)
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aterinópsidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aterinópsidos |