Escribenta común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Crear artigo.
 
Almaffi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26: Liña 26:
*''Gran Guía de la Naturaleza AVES''. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. {{es}}
*''Gran Guía de la Naturaleza AVES''. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. {{es}}


[[Categoría:Emberizidae]]
[[Categoría:Emberícidos]]

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2013 ás 22:49

Escribenta Común
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Emberiza
Nome científico
Emberiza cirlus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A Escribenta común, Escribidora ou Liñaceira é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e Hábitos

É unha especie de 15-16cm de lonxitude, peso de 25 gramos e envergadura de 22-26 cm. Lombo, cola e parte superior da cabeza son pardos, namentres a parte inferior do corpo, gorxa e fazulas son amarelos. Salientar a careta característica dos machos da especie, cunha liña ocular negra. As femias e os xóvenes non presentan este deseño facial e teñen cores máis esluídos. Ave frecuente nas zonas con matogueiras ou con cultivos. No sur da súa área de distribución é frecuente en bosques de aciñeiras e nas viñeiras. Aliméntase de insectos e sementes. Soe cantar dende lugares elevados ou prominentes

Reprodución

O período de cría vai de maio a xullo, podendo facer dúas postas no ano. O niño soe estar preto do chan. Cada posta consta entre 3 e 5 ovos, cun tempo de incubación de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 10 e 13 días trala eclosión.

Distribución

Presente todo o ano no Norte e Sur da Península Ibérica, Oeste e Sur de Francia, nos Balcáns e nas zonas litorais de Marrocos, Arxelia e Turquía. Presente na cría ou de maneira esporádica no leste de Francia e Interior de Turquía.

Bibliografía

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)