Virtus Bologna: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Negro (cor)
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: an:Virtus Pallacanestro Bologna
Liña 46: Liña 46:
[[Categoría:Virtus Bologna]]
[[Categoría:Virtus Bologna]]


[[an:Virtus Pallacanestro Bologna]]
[[bat-smg:Virtus Bologna]]
[[bat-smg:Virtus Bologna]]
[[ca:Virtus Pallacanestro Bologna]]
[[ca:Virtus Pallacanestro Bologna]]

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2012 ás 00:26

Modelo:Equipo de basquet O Virtus Pallacanestro Bologna é o nome oficial dun histórico club de baloncesto italiano, fundado en 1922 na cidade de Boloña. É un dos clubs máis prestixiosos de Italia e Europa, como así o acredita o seu palmarés que, entroutros títulos, conta con 2 Euroligas e 1 Recopa de Europa, e 15 Ligas italianas e 8 Copas italianas.

Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler y Kinder.

Historia

O club ten unha longa historia. A mellor tempada do Virtus no que se refire aos trofeos foi a 2000-01, cando gañou a Euroliga (aínda que era o ano da escisión entre a FIBA e a ULEB) e a Liga e a Copa italianas. Antes gañara a Euroliga tamén en 1998 con Predrag Danilović.

Sen embargo, logo desa tempada triunfal de 2000-01 varios xogadores clave marcharon. Ao final da tempada 2001-02, Manu Ginobili, o mellor xogador da Final Four de 2001, marchou á NBA, e tamén Marko Jarić. Ao final da tempada 2002-03, o Virtus, como consecuencia de graves problemas financeiros, foi relegado á Segunda División italiana. Conseguiu o retorno á Primeira División, a Lega serie A, na tempada 2006-07.

A forte rivalidade local entre a Virtus e a Fortitudo en Boloña é unha das máis intensas do mundo do deporte. O xornalista da revista americana Sports Illustrated Alexander Wolff adicou un capítulo do seu libro sobre baloncesto Big Game, Small World a esta rivalidade.

Palmarés

Títulos internacionais

Títulos nacionais

Ligazóns