Pseudópodo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 4: | Liña 4: | ||
* Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con [[flaxelo]]s e [[cilio]]s). |
* Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con [[flaxelo]]s e [[cilio]]s). |
||
* Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo |
* Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo nun [[vacúolo]] ([[fagocitose]]). A fagocitose preséntase en diversos grupos do protistas, pero tamén nalgunhas células ([[fagocito]]s) de organismos pluricelulares. |
||
== Clasificación segundo a súa morfoloxía == |
== Clasificación segundo a súa morfoloxía == |
Revisión como estaba o 28 de xuño de 2012 ás 22:27
Un pseudópodo (do grego pseudos falso e de podo pé) é unha prolongación do citoplasma dalgúns organismos unicelulares como as amebas, na cal unha serie de proteínas van fluír nun sentido mediante as fibras de miosina. Isto servirá ó organismo para se desprazar ou se alimentar.
Funcións
- Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con flaxelos e cilios).
- Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo nun vacúolo (fagocitose). A fagocitose preséntase en diversos grupos do protistas, pero tamén nalgunhas células (fagocitos) de organismos pluricelulares.
Clasificación segundo a súa morfoloxía
Os pseudópodos poden ser de varios tipos segundo o seu aspecto:
- Lobopodios: grosos, curtos e con extremos arredondados, típicos de Amoebozoa.
- Filopodios: máis finos e cos extremos rematados en punta, consistindo principalmente en ectoplasma. Estas formacións apóianse en microfilamentos.
- Reticulopodios: tamén coñecidos como pseudópodos reticulados, é onde os finos pseudópodos individuais se amorean entre si e forman unha rede irregular no exterior do protozoo. Preséntanse nos foraminíferos.
- Axopodios: són pseudópodos finos, longos e ríxidos. Conteñen complexos grupos de microtúbulos envolvidos por citoplasma. Obsérvanse en radiolarios e en heliozoos.
-
Filopodios nun nucleariida
-
Reticulopodios nun foraminífero
-
Sección dun axopodio amosando os microtúbulos