Variábel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: ru:Переменная величина
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: hr:Promjenjivica (matematika)
Liña 34: Liña 34:
[[gd:Caochladair]]
[[gd:Caochladair]]
[[he:משתנה]]
[[he:משתנה]]
[[hr:Promjenjivica (matematika)]]
[[hu:Változó]]
[[hu:Változó]]
[[is:Breyta]]
[[is:Breyta]]

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2012 ás 13:13

Unha variábel, ou variable, é un símbolo que representa un elemento ou cousa non especificada dun conxunto dado. Dito conxunto denomínase conxunto universal da variábel, universo ou variar da variábel, e cada elemento do conxunto é un valor da variábel.

Sexa x unha variábel cuxo universo é o conxunto {1,3,5,7,9,11,13}; entón x pode ter calquera destes valores: 1,3,5,7,9,11,13. Noutras palabras, x pode reemprazarse por calquera enteiro positivo impar menor que 14. Por esta razón, adoito dise que unha variábel é un reemprazo de calquera elemento do seu universo.

Unha variábel é un elemento dunha fórmula, proposición ou algoritmo que pode adquirir, ou ser substituído por, un valor calquera (sempre dentro do seu universo). Os valores que unha variábel é capaz de recibir poden estar definidos dentro dun rango, e/ou estar limitados por razóns ou condicións de pertenza, ao universo que lles corresponde (nestes casos, o universo da variábel pasa a ser un subconxunto dun universo maior, o que tería sen as restricións).

En moitos usos, o contrario dunha variábel é unha constante. Tamén pode considerarse ás constantes como un caso particular de variábeis, cun universo unitario (cun só elemento), xa que só poden ter un valor, e non poden modificalo.

Véxase tamén

Outros artigos