Phaeophyceae: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: be:Бурыя водарасці |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Leathesia_difformis.jpg| |
[[Ficheiro:Leathesia_difformis.jpg|miniatura|right|200px|''Leathesia difformis'']] |
||
As '''algas pardas''' ou '''feófitos''' son un grupo de [[alga]]s pertencentes á clase '''Phaeophyceae''' no reino [[Protista]] de cor castaña. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino [[Vexetal]]. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce. |
As '''algas pardas''' ou '''feófitos''' son un grupo de [[alga]]s pertencentes á clase '''Phaeophyceae''' no reino [[Protista]] de cor castaña. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino [[Vexetal]]. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce. |
||
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 18:14
As algas pardas ou feófitos son un grupo de algas pertencentes á clase Phaeophyceae no reino Protista de cor castaña. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino Vexetal. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce.
A maioría dos feófitos viven nas costas rochosas do mar das zonas temperadas e subpolares, dominando a zona intermareal coma no caso das Laminariales da costa de California. Tamén se presentan en formas flotantes libres, coma o Sargassum, que forma grandes extensións no Mar dos Sargazos. Son os principais produtores primarios de varias comunidades de animais invertebrados e microbios.
Xeralmente están diferenciadas en talo e mais pé. O talo dalgunhas formas pode estar provisto de un tamiz de tubos capaces de transportar auga e produtos da fotosíntese, vestixios dos verdadeiros tecidos condutores (xilema e floema) das plantas superiores. Presentan clorofila a e c e xantofila.
A súa reprodución é sexual. Forman óvulos e espermatozoos biundulipodiados, que teñen un undulipodio mastigonemado dirixido cara adiante e outro liso cara atrás. O óvulo fertilizado xermola en resposta a unhas determinadas condicións de luz. O organismo diploide que se desenvolve a partir do óvulo fertilizado recibe o nome de esporófito.
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |