Igrexa de San Pedro da Mezquita: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) →Galería de imaxes: + imaxe |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Iglesia de San Pedro da Mezquita.jpg| |
[[Ficheiro:Iglesia de San Pedro da Mezquita.jpg|miniatura|250px|right|Igrexa de San Pedro da Mezquita]] |
||
A '''igrexa de San Pedro da Mezquita''' é un templo [[Catolicismo|católico]] parroquial. Está situada na [[A Mezquita, A Merca|Mezquita]] ([[A Merca]]), e foi declarada [[Monumento Nacional]] en [[1931]]. É de orixe [[Románico|románica]] (ten unha inscrición de [[1202]], malia que xa aparece citada no ano [[986]]), con elementos de transición ao gótico. |
A '''igrexa de San Pedro da Mezquita''' é un templo [[Catolicismo|católico]] parroquial. Está situada na [[A Mezquita, A Merca|Mezquita]] ([[A Merca]]), e foi declarada [[Monumento Nacional]] en [[1931]]. É de orixe [[Románico|románica]] (ten unha inscrición de [[1202]], malia que xa aparece citada no ano [[986]]), con elementos de transición ao gótico. |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 15:36
A igrexa de San Pedro da Mezquita é un templo católico parroquial. Está situada na Mezquita (A Merca), e foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.
Características
É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), figuras antropomorfas e unha roseta. Remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa co cordeiro mirando cara ao oeste, caso único en Galicia.
Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita, e a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamanta aos seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. A ábsida, dividida por altas columnas, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.
Galería de imaxes
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Igrexa de San Pedro da Mezquita |
-
Igrexa.
-
Igrexa.
-
Portada da igrexa.
-
Cabeceira.
-
Imaxes no contraforte.
-
Porta sur.