John Napier: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa ) |
m engado a Categoría:Científicos de Escocia mediante HotCat |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
[[Categoría:Personalidades das matemáticas]] |
[[Categoría:Personalidades das matemáticas]] |
||
[[Categoría:Científicos de Escocia]] |
|||
[[am:ጆን ኔፐር]] |
[[am:ጆን ኔፐር]] |
Revisión como estaba o 31 de maio de 2012 ás 21:37
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. |
Coa redución do traballo de varios meses de cálculo a uns poucos dias, o invento dos logaritmos parece ter duplicado a vida dos astrónomos.
John Napier, barón de Merchiston, nado en Edimburgo en 1550 e finado o 4 de abril de 1617, foi un matemático escocés, recoñecido por descubrir os logaritmos.
Traxectoria
Naceu no castelo de Merchiston en 1550, sen saberse a data exacta. Aos trece anos, en 1563 comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por Europa. regresou a Merchiston en 1571 e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da família por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de matemáticas e teoloxia.
Malia pasar á posteridade polas súas achegas no campo da matemática, para Napier era esta unha actividade de distracción mentres que a súa preocupación fundamental era a exéxese da Apocalipse, á que se consagrou desde a súa estadia no colexio. Froito deste labor foi a publicación Descubrimentos de todos os secretos da Apocalipse de San Xoán por dous tratados: un que busca e proba a verdadeira interpretación, e outro que aplica ao texto esta interpretación parafrasticamente e historicamente. A orixinalidade do seu estudo é a aplicación do formalismo matemático na argumentación, de xeito que, admitindo certos postulados, chega a demostrar as suas proposicións. Entre elas, Napier prediciu a fin do mundo para os anos 1668 a 1700. [Cómpre referencia]
En 1614 Napier publica a súa obra Mirifici Logarithmorum Canonis Descriptio, ejusque usus in utroque Trigonometría; ut etiam in omni logística mathematica, amplissimi, facillimi, et expeditissimi explicatio, na que dá a coñecer os logaritmos que el chamou números artificiais. Nesta obra promete unha explicación que a morte lle impediu publicar, mas que foi engadida polo seu fillo Roberto na segunda edición publicada en 1619.
Grazas a estes números as multiplicacións poden substituir-se por sumas, as divisións por restas, as poténcias por produtos e as raíces por divisións, o que non só simplificou enormemente a realización manual dos cálculos matemáticos, senon que permitiu realizar outros que sen a súa invención non terian sido posíbeis.
En 1617 apareceu a súa obra Rabdologiæ seu numerationis per virgulas libri duo: cum appendice expeditissimo multiplicationis promptuario, quibus accesit et arithmeticæ localis liber unus, na que descrebe o ábaco neperiano.
Fontes
- Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano, Montaner i Simon (1893).