Banco Nacional de Polonia: Diferenzas entre revisións
idioma polaco > lingua polaca |
m r2.7.2) (Bot: Modifico: id:Narodowy Bank Polski |
||
Liña 30: | Liña 30: | ||
[[es:Banco Nacional de Polonia]] |
[[es:Banco Nacional de Polonia]] |
||
[[fr:Banque nationale de Pologne]] |
[[fr:Banque nationale de Pologne]] |
||
[[id: |
[[id:Narodowy Bank Polski]] |
||
[[ja:ポーランド国立銀行]] |
[[ja:ポーランド国立銀行]] |
||
[[no:Polens nasjonalbank]] |
[[no:Polens nasjonalbank]] |
Revisión como estaba o 29 de maio de 2012 ás 21:44
O Banco Nacional de Polonia (en polaco: Narodowy Bank Polski) é o banco central da República de Polonia. Encárgase de controlar a acuñación e circulación da moeda polaca, o złoty. A sede central do Banco atópase en Varsovia, pero ten sucursais na maioría das cidades de Polonia.
O BNP representa a Polonia no Sistema Europeo de Bancos Centrais, unha organización dentro da UE.
Historia
A pesar de que o banco baixo o seu actual nome existe desde 1945, esta entidade é continuadora de bancos centrais previos que houbo por Polonia, chamados simplemente Banco de Polonia (Bank Polski). O primeiro foi fundado en Varsovia en 1828 polo Duque Franciszek Ksawery Drucki-Lubecki. Era unha institución do goberno do Reino de Polonia designada para a acuñación da moeda polaca así como para o control dos tipos de interese. Foi tamén designada coa concesión de operar con divisa estranxeira e para a compra de títulos de compañías e bancos estranxeiros.