Deus Pai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
[[File:Cima da Conegliano, God the Father.jpg|thumb|300px|''Deus Pai'' por [[Cima da Conegliano]], c. 1515]]
[[File:Cima da Conegliano, God the Father.jpg|thumb|300px|''Deus Pai'' por [[Cima da Conegliano]], c. 1515]]
'''Deus Pai''' é un título dado a [[Deus]] en moitas relixións [[monoteísta]]s, especialmente nas [[relixión abrahámica|abrahámicas]]. No [[xudaísmo]] Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector.<ref>{{cita libro|autor=BLIDSTEIN, Gerald J.|título=Honor thy father and mother: filial responsibility in Jewish law and ethics| ano =2006|id=ISBN 0881258628}}</ref> No [[cristianismo]], Deus tamén é chamado ''"Pai"'' polas relacións paternofiliais reveladas por [[Xesús de Nazareth|Xesús Cristo]] e polas razóns mencionadas anteriormente.<ref>{{cita libro|autor=WEINANDY, Thomas|título=Jesus the Christ|publicación=OSV Press|id=ISBN 1931709688}}</ref>

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2012 ás 10:19

Deus Pai por Cima da Conegliano, c. 1515

Deus Pai é un título dado a Deus en moitas relixións monoteístas, especialmente nas abrahámicas. No xudaísmo Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector.[1] No cristianismo, Deus tamén é chamado "Pai" polas relacións paternofiliais reveladas por Xesús Cristo e polas razóns mencionadas anteriormente.[2]

Polo xeral, o nome Pai representa o papel de Deus como dador de vida, autoridade, protector poderoso e, a miúdo, percebido como omnipotente, omnisciente e omnipresente, cun poder infinito e cunha caridade máis aló do entendemento humano.[3] Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da Summa Theologica, Tomé de Aquino concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai.[4]

O xénero de Deus

Imaxe de Deus Pai por Julius Schnorr, 1860.

Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na Biblia fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no Antigo como no Novo Testamento.

A miúdo defínese a Deus como un ser puramente espiritual e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o Catecismo da Igrexa Católica no seu punto 239 declara que "Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus."[5]

Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus "Nai", ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz (Is 42,14), unha nai que non esquece aos seus fillos (Is 49,15), que os conforta (Is 66,12-13), unha nai que protexe a Israel (Is 46,3-4), etc.

Notas e referencias

  1. BLIDSTEIN, Gerald J. (2006). Honor thy father and mother: filial responsibility in Jewish law and ethics. ISBN 0881258628. 
  2. WEINANDY, Thomas. Jesus the Christ. OSV Press. ISBN 1931709688. 
  3. KIMBROUGH, Lawrence (2006). Contemplating God the Father. B&H Publishing. ISBN 0805440836. 
  4. The Kingdom of Our Father. St. Andrew's Press. 2001. ISBN 1891903187.  Texto "PETRISKO, Thomas W." ignorado (Axuda)
  5. Catecismo da Igrexa Católica (en portugués)