La: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: ay:T'arwa; cambios estética |
m r2.7.1) (Bot: Engado: su:Wol |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
[[sq:Leshi]] |
[[sq:Leshi]] |
||
[[sr:Вуна]] |
[[sr:Вуна]] |
||
[[su:Wol]] |
|||
[[sv:Ull]] |
[[sv:Ull]] |
||
[[ta:கம்பளி]] |
[[ta:கம்பளி]] |
Revisión como estaba o 16 de novembro de 2011 ás 07:17
- Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La, e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano.
A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.
Obtención
As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano de un a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo trátese dunha raza ou outra.
As partes illadas do vellón mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vellón ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.