Supercontinente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
traduzo de es:Supercontinente
 
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: es:Supercontinente
Liña 48: Liña 48:
[[en:Supercontinent]]
[[en:Supercontinent]]
[[eo:Kontinentego]]
[[eo:Kontinentego]]
[[es:Supercontinente]]
[[et:Hiidmanner]]
[[et:Hiidmanner]]
[[eu:Superkontinente]]
[[eu:Superkontinente]]

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2011 ás 21:53

Movemento dos continentes dende a época de Panxea até a actualidade

Supercontinente é a denominación empregada en xeoloxía para aquelas masas terrestres que consisten en dúas ou máis cratóns ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a Panxea con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división (Gondwana e Laurasia), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.

Efectos xeolóxicos

Os supercontinentes bloquean a saída da calor interna da terra, o cal produce un sobrequecemento da astenosfera. Eventualmente, isto produce fisuras na litosfera a través das cales emerxerá magma que empurrará aos bloques, afastándoos. Non está aínda claro se os continentes vólvense a xuntar de modo accidental logo de trasladarse polo planeta (ver Deriva continental) ou se se separan e volven unirse logo nun movemento acordeónico.

Lista de supercontinentes parciais

Os que abranguen unha cantidade considerable (xeralmente, entre un cuarto e un medio) das terras emerxidas, en orde cronolóxica.

*Ás veces considérase a unha agrupación menor, Eurasia, que inclúe a Europa e a Asia; pero dende un punto de vista xeolóxico non é un supercontinente.

Lista de supercontinentes maiores

(os que abarcaron a totalidade ou a maior parte das terras emerxidas, en orde cronolóxica)

  • Vaalbará (xorde fai aproximadamente 4000 millóns de anos. É o primeiro supercontinente teorizado da terra).
  • Ur (xorde fai aproximadamente 3.000 millóns de anos. Aínda que non comprendía o tamaño dos supercontinentes posteriores).
  • Kenorland (xorde fai 2.500 millóns de anos, divídese fai 2.100 millóns de anos).
  • Columbia (xorde fai 1.800 millóns de anos, divídese fai 1.500 millóns de anos).
  • Rodinia (xorde fai 1.100 millóns de anos, divídese fai 750 millóns de anos).
  • Pannotia (xorde fai 600 millóns de anos, divídese fai 540 millóns de anos).
  • Panxea (xorde fai 300 millóns de anos, divídese fai 200 millóns de anos).
  • Panxea Última ou Amasia (formarase dentro de 250 millóns de anos).

Véxase tamén