Cereixa: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: hi:आलूबालू |
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Trešnja |
||
Liña 82: | Liña 82: | ||
[[scn:Cirasa]] |
[[scn:Cirasa]] |
||
[[sco:Cherry]] |
[[sco:Cherry]] |
||
[[sh:Trešnja]] |
|||
[[simple:Cherry]] |
[[simple:Cherry]] |
||
[[sl:Češnja]] |
[[sl:Češnja]] |
Revisión como estaba o 17 de xuño de 2011 ás 19:25
A cereixa é o froito da cerdeira.
Descrición
A cereixa é un pequeno froito carnoso e cunha carabuña. Adoita ter forma esférica e cor xeralmente vermella máis ou menos escura, máis raramente amarela. O seu tamaño pode variar de pouco máis dun centímetro a dous ou tres. O pedúnculo é longo (rabo da cereixa). Sobre o plano botánico é unha drupa. Na árbore é habitual atopala en pequenos acios de dúas a catro cereixas.
Historia e etimoloxía
As poboacións europeas coñecían e consumían desde polo menos o IV milenio a.C. unha variedade de cereixa autóctona, a cerdeira de monte (Prunus avium). A selección permitiu pouco a pouco elixir os exemplares cos froitos máis grosos e máis doces, os máis precoces ou os máis suculentos.
Unha variedade moi coñecida polo seu sabor e tamaño é a picota, que non se recolle da árbore senón cando cae polo seu propio peso (un mes despois cás demais).