Erase Errata: Diferenzas entre revisións
de en.wiki |
m Recat. |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
* [http://www.eraseerrata.com/ Páxina oficial] |
* [http://www.eraseerrata.com/ Páxina oficial] |
||
[[Categoría:Grupos de post-punk revival]] |
[[Categoría:Grupos musicais de post-punk revival]] |
||
[[Categoría:Grupos de rock alternativo]] |
[[Categoría:Grupos musicais de rock alternativo]] |
||
[[Categoría:Grupos de noise rock]] |
[[Categoría:Grupos musicais de noise rock]] |
||
[[Categoría:Grupos de indie rock]] |
[[Categoría:Grupos musicais de indie rock]] |
||
[[Categoría:Grupos musicais de California]] |
[[Categoría:Grupos musicais de California]] |
||
Revisión como estaba o 23 de marzo de 2011 ás 13:27
Erase Errata | |
---|---|
Orixe | San Francisco, California, |
Período | 1999 - actualidade |
Xénero(s) | post-punk revival, rock alternativo, noise rock, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast |
Membros | Jenny Hoyston Ellie Erickson Bianca Sparta |
Antigos membros | Sara Jaffe Archie McKay |
Na rede | |
http://www.eraseerrata.com/ | |
Erase Errata é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de San Francisco, California. Soen citar a Captain Beefheart, The Fall e Minutemen como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.
Historia
Erase Errata formouse en Oakland, California en 1999 e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, Erase Errata, e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl Le Tigre e ao grupo de noise rock Melt Banana. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum Other Animals en 2001, seguido de At Crystal Palace en 2003, ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con Sonic Youth, Mission of Burma e The Ex entre os seus seareiros.
Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en 2004, a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda víuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano 2006 editaron o álbum Nightlife, pasando a formar parte do plantel do selo Kill Rock Stars.
Discografía
- Other Animals - 2001 (Troubleman Unlimited)
- At Crystal Palace - 2003 (Troubleman Unlimited)
- Nightlife - 2006 (Kill Rock Stars)