Ponte de hidróxeno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traducido da wikipedia en español
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2011 ás 16:34

Unha ponte de hidróxeno é a forza atractiva entre un átomo electronegativo e un átomo de hidróxeno unido covalentemente a outro átomo electronegativo. Resulta da formación dunha forza dipolo-dipolo cun átomo de hidróxeno unido a un átomo de nitróxeno, osíxeno ou flúor (de aí o nome de "enlace de hidróxeno", que non debe confundirse cun enlace covalente a átomos de hidróxeno). A enerxía dunha ligazón de hidróxeno (tipicamente de 5 a 30 kJ/mol) é comparable á dos enlaces covalentes débiles (155 kJ/mol), e un enlace covalente típico é só 20 veces máis forte que unha ponte de hidróxeno intermolecular. Estas ligazóns poden ocorrer entre moléculas (intermolecularidade), ou entre diferentes partes dunha mesma molécula (intramolecularidade). A ponte de hidróxeno é unha forza de van der Waals dipolo-dipolo fixa moi forte, pero máis débil que o enlace covalente ou o enlace iónico. A ponte de hidróxeno está nalgún lugar intermedio entre un enlace covalente e unha simple atracción electrostática intermolecular. Este tipo de ligazón ocorre tanto en moléculas inorgánicas tales como a auga, e en moléculas orgánicas como o ADN. gl:Enlace de hidróxeno