Joseph Haydn: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ro:Joseph Haydn
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sh:Joseph Haydn
Liña 49: Liña 49:
[[ro:Joseph Haydn]]
[[ro:Joseph Haydn]]
[[ru:Гайдн, Франц Йозеф]]
[[ru:Гайдн, Франц Йозеф]]
[[sh:Joseph Haydn]]
[[simple:Joseph Haydn]]
[[simple:Joseph Haydn]]
[[sl:Joseph Haydn]]
[[sl:Joseph Haydn]]

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2006 ás 19:45

Franz Joseph Haydn (1732-1809). Compositor austríaco. Naceu no seo dunha familia humilde. Tras pasar polo servizo de varios grandes señores austríacos, en 1761 entrou na casa do príncipe Esterházy, onde realizaría a maior parte da súa carreira de compositor. En 1790, cando era un célebre autor, o príncipe autorizouno a que puidese aceptar outros traballos, e froito disto son obra soma as sinfonías de Londres ou de París.

Características da súa obra A música de Haydn amósanos a súa personalidade, era unha persoa tranquila e amábel. As súas obras son o mellor exemplo do equilibrio clásico, pero construídas cos elementos máis progresistas da época. É considerado coma o “pai da sinfonía”, non por ser o creador, senón por fixar o esquema de sonata (algo que tamén fixo co cuarteto de cordas). Sintetizou os estilos italiano, alemán e francés, e revalorizou o contrapunto, que se atopaba en decadencia por mor do auxe do melodismo da escola italiana.

Obra Pódese dividir en catro etapas: ata 1770 (inicial), 1770-90 (a máis frutífera), de 1791 (abandona a Esterházy) ata a morte.

- Sinfonías Foi o autor máis prolífico neste xénero en toda a historia da música, consérvanse cento catro. É considerado coma o seu pai, non por ser o creador, senón por fixar o esquema de sonata. As primeiras aínda conservan unha forte influencia da sonata da chiesa. Entre 1766-1774, compuxo as sinfonías do seu período Sturm und Drang (“tormenta e paixón”) movemento literario que anticipa o Romanticismo, a sinfonía 45 “Os adeuses” é unha das máis coñecidas. A partir de 1780, Esterhazy interésase máis pola ópera bufa, e Haydn apenas compón música instrumental para el, polo que as sinfonías deste momento faraas para encargos exteriores, coma as sinfonías París (cun característico emprego dos instrumentos de vento). Unha vez abandona o príncipe, destacan as sinfonías de Londres, que nos avanzan os estilo das primeiras de Beethoven, discípulo seu.

- Música vogal Cultivou practicamente todos os xéneros, tanto relixiosos coma profanos. Dentro da música relixiosa, destacan as súas misas, os oratorios A Creación, As estacións ou As sete palabras de Cristo na Cruz (encargo dunha igrexa gaditana) Haydn tamén compuxo para todos os xéneros dramáticos: ópera seria, ópera bufa e singspiel. Parte destas obras desapareceu no incendio dun teatro de Esterházy en 1776. Demostrou unha preocupación por unir música e libreto, por potenciar o senso dramático da obra (frecuentes pasos do modo maior ao menor), expresividade das liñas melódicas e equilibrio das texturas instrumentais.