Essen: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: li:Esse |
m bot Modificado: mr:एसेन |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[lt:Esenas]] |
[[lt:Esenas]] |
||
[[lv:Esene]] |
[[lv:Esene]] |
||
[[mr: |
[[mr:एसेन]] |
||
[[nah:Essen]] |
[[nah:Essen]] |
||
[[nds:Essen]] |
[[nds:Essen]] |
Revisión como estaba o 27 de outubro de 2010 ás 17:55
Essen [ˈɛsn̩] é unha cidade alemá sita no centro da Rexión do Ruhr ou Conca do Ruhr, no estado de Renania do Norte-Westfalia (Nordrhein-Westfalen).
Localización e características
Sita ás beiras do río Ruhr, ten unha poboación de 579.759 habitantes[1], o que a sitúa como unha das máis grandes de Alemaña. Recentemente foi nomeada Capital Europea da Cultura para 2010, en representación de toda a Conca do Ruhr.
En principio foi un dos máis importantes centros alemáns do carbón e do aceiro, estando historicamente ligada ás industrias metalúrxicas da centenaria familia Krupp, para ir desenvolvendo un poderoso sector terciario e, actualmente, xunto á próxima cidade de Düsseldorf, son denominadas o pupitre do Ruhr. En Essen están instaladas o 13 por 100 das maiores empresas alemás e ademais nela teñen a súa sede varias institucións administrativas rexionais.
A cidade foi escollida en 1958 como sede dunha nova diocese da Igrexa Católica, a diocese de Essen ou bispado do Ruhr (Ruhrbistum). A comezos do ano 2003, as universidades de Essen e a da veciña cidade de Duisburg (ambas dúas estabelecidas en 1972) uníronse para formar a nova Universidade de Duisburg-Essen com campi en cada unha das cidades e o hospital universitario en Essen.
Notas
- ↑ Datos a 31 de decembro de 2008: Information und Technik Nordrhein-Westfalen
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Essen |