Arqueoloxía: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m bot Engadido: kn:ಪುರಾತತ್ತ್ವ ಶಾಸ್ತ್ರ |
||
Liña 75: | Liña 75: | ||
[[ka:არქეოლოგია]] |
[[ka:არქეოლოგია]] |
||
[[kl:Ittarnisarsiorneq]] |
[[kl:Ittarnisarsiorneq]] |
||
[[kn:ಪುರಾತತ್ತ್ವ ಶಾಸ್ತ್ರ]] |
|||
[[ko:고고학]] |
[[ko:고고학]] |
||
[[ku:Arkeolojî]] |
[[ku:Arkeolojî]] |
Revisión como estaba o 14 de setembro de 2010 ás 14:10
A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos. O nome ven do grego archaios, "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber".
A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos fixeron énfase en aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".
Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.
A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antigüidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Na actualidade, os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como arqueoloxía industrial.
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |