Quidditch Through the Ages: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m bot Modificado: ro:Vâj-hațul de-a lungul timpului, ru:Квиддич с древности до наших дней |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[pl:Quidditch przez wieki]] |
[[pl:Quidditch przez wieki]] |
||
[[pt:Quidditch Through the Ages]] |
[[pt:Quidditch Through the Ages]] |
||
[[ro:Vâj- |
[[ro:Vâj-hațul de-a lungul timpului]] |
||
[[ru:Квиддич |
[[ru:Квиддич с древности до наших дней]] |
||
[[sh:Metloboj kroz stoljeća]] |
[[sh:Metloboj kroz stoljeća]] |
||
[[sv:Quidditch genom tiderna]] |
[[sv:Quidditch genom tiderna]] |
Revisión como estaba o 19 de xuño de 2010 ás 09:42
Quidditch Through the Ages (en galego, O quidditch a través dos tempos) é o título dun libro escrito pola británica J. K. Rowling, que actúa como complemento á saga de Harry Potter (que tamén foi escrita por ela), ao igual que Fantastic Beasts and Where to Find Them. A versión en castelán foi publicada en 2001 pola editorial Salamandra.
O libro trata sobre a historia do quidditch, deporte máxico que practican os bruxos e meigas. Este libro é mencionado ao longo das novelas de Harry Potter como un libro da biblioteca de Hogwarts. As vendas do libro van dirixidas á fundación Comic Relief, e contén ilustracións de J. K. Rowling.
O libro ficticio
Dentro do mundo ficticio de Harry Potter, O quidditch a través dos tempos, é un libro que está escrito por Kennilworthy Whisp, un experto e fanático do quidditch.
O libro conta a historia do quidditch dende os seus incios, así como a dos primeiros xogos que se practicaban cunha vasoira. Segundo Madam Pince, a libreira da biblioteca de Hogwarts, a copia do libro que está na biblioteca é: «rasgado, babeado por riba del e xeralmente maltratado case a diario». Harry Potter disfrutou lendo este libro. Cando Severus Snape pillou a Harry fóra da escola con este libro en Harry Potter e a pedra filosofal, Snape inventou a regra de que non estaba permitido levar os libros da biblioteca ó exterior, e quitoullo das mans quitando, ademais, 5 puntos a Gryffindor.
O libro real
O libro real foi escrito por J. K. Rowling, aínda que o nome de Kennilworthy Whisp aparece na portada do libro e ás veces tómase como co-autor do mesmo. As recaudacións que se obtiveron coa venda do libro foron parar á fundación Comic Relief como as do seu compañeiro, Fantastic Beasts and Where to Find Them.
Aínda que Harry ten este libro durante o seu primeiro ano (1991-1992), hai nomeado un evento que ocorreu en 1994.
Curiosidades
- Comic Relief pediulle con poucas esperanzas a J. K. Rowling que escribise un conto curto de Harry para destinar os beneficios á asociación. Como a ela se lle dá mal escribir contos curtos, pensou que era mellor escribir non un libro, señón dous.
- Este libro foi mencionado nas novelas de Harry Potter e lido polo propio Harry.
- A J. K. Rowling sempre lle gustou debuxar. Xa que non publicaran os bocetos que tiña para ilustrar Harry Potter e a pedra filosofal, dado que a editorial opuxérase, nesta ocasión debuxou ela tódalas ilustracións que aparecen no interior.