Aleixo V Ducas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
'''Aleixo V Ducas ''Murtzouphlos'' '''ou''' ''Murzuflo'' '''(m. [[1205]]), foi proclamado [[Lista |
'''Aleixo V Ducas ''Murtzouphlos'' '''ou''' ''Murzuflo'' '''(m. [[1205]]), foi proclamado [[Lista de Emperadores Bizantinos|emperador bizantino]] o [[5 de febreiro]] de [[1204]], durante o asedio de [[Constantinopla]] polos latinos da [[Cruzadas#Cuarta Cruzada|Cuarta Cruzada]]. O seu sobrenome ''Murzuflo'' facía referencia ás súas poboadas cellas. Tiña relacións familiares coa liña imperial dos [[Dinastía Anxo|Anxo]]. |
||
Como nobre bizantino, ascendera na corte ata o cargo de [[Títulos e cargos do imperio bizantino#Títulos cortesáns|''protovestiarios'']] na época da [[Cruzadas#Cuarta Cruzada|Cuarta Cruzada]]. En xaneiro de [[1204]], os emperadores [[Isaac II Anxo|Isaac II]] e [[Aleixo IV Anxo]] inspiraban xa pouca confianza á poboación de Constantinopla na súa defensa da cidade ante os latinos. Grazas ao seu cargo, Aleixo Ducas tiña fácil acceso á residencia imperial, e cando se desatou a revolta na cidade para destronar aos dous emperadores Anxo, Aleixo fixo uso de devandito acceso para capturalos. O xove Aleixo IV sería morto na refrega. A morte do seu pai, Isaac II, pouco despois, posibelmente foi "inducida de xeito artificial". |

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2006 ás 15:08
Aleixo V Ducas Murtzouphlos ou Murzuflo (m. 1205), foi proclamado emperador bizantino o 5 de febreiro de 1204, durante o asedio de Constantinopla polos latinos da Cuarta Cruzada. O seu sobrenome Murzuflo facía referencia ás súas poboadas cellas. Tiña relacións familiares coa liña imperial dos Anxo.
Como nobre bizantino, ascendera na corte ata o cargo de protovestiarios na época da Cuarta Cruzada. En xaneiro de 1204, os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo inspiraban xa pouca confianza á poboación de Constantinopla na súa defensa da cidade ante os latinos. Grazas ao seu cargo, Aleixo Ducas tiña fácil acceso á residencia imperial, e cando se desatou a revolta na cidade para destronar aos dous emperadores Anxo, Aleixo fixo uso de devandito acceso para capturalos. O xove Aleixo IV sería morto na refrega. A morte do seu pai, Isaac II, pouco despois, posibelmente foi "inducida de xeito artificial".
Tras a súa coroación, Aleixo V comezou a reforzar as defensas de Constantinopla e puxo fin ás negociacións cos latinos. Pero era demasiado tarde, xa non había tempo para o novo emperador: durante o combate que se produciu, defendeu a cidade con coraxe e tenacidade. Os cruzados demostraron ser demasiado fortes, e Aleixo tivo que fuxir a Tracia pouco despois de que a cidade caese.
A continuación, intentou aliarse co seu coemperador Aleixo III Anxo contra os latinos, pero Aleixo III cegouno e púxoo en mans dos cruzados, que o axustizaron como o asasino de Aleixo IV. Foi o último emperador bizantino antes do establecemento do Imperio Latino, que dominaría Constantinopla durante os seguintes 57 anos.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Isaac II Anxo |
Aleixo V Ducas (1204-1204)
|
Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Dinastía Anxo |