Pero Meogo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Pero Meogo
Liña 13: Liña 13:
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
[[Categoría:Literatura galega medieval]]


[[es:Pero Meogo]]
[[pt:Pero Meogo]]
[[pt:Pero Meogo]]

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2009 ás 23:34

Pero Meogo foi un xograr galego-portugués do que non se ten case información. Sabemos que debeu ser contemporáneo do rei Don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325), xa este rei-trobador compuxo unha cantiga de seguir que está relacionada coa cantiga de Meogo Levantous´a velida. Consérvanse nove cantigas de amigo da autoría de Meogo.

Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo. Neste autor vemos un amplo uso de símbolos da natureza, e sobre todo, do cervo.

Edicións

  • MÉNDEZ FERRÍN, X. L., O cancioneiro de Pero Meogo, Vigo, Galaxia, 1966.
  • L. A. de AZEVEDO FILHO, As cantigas de Pero Meogo, Brasília, 1981.

Ligazóns externas