Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: cs:Rembrandt
m bot Engadido: yo:Rembrandt
Liña 97: Liña 97:
[[war:Rembrandt]]
[[war:Rembrandt]]
[[yi:רעמבראנדט]]
[[yi:רעמבראנדט]]
[[yo:Rembrandt]]
[[zh:伦勃朗]]
[[zh:伦勃朗]]
[[zh-min-nan:Rembrandt van Rijn]]
[[zh-min-nan:Rembrandt van Rijn]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 20:50

Ronda de noite, 1642. A pintura de Rembrandt é revolucionaria, substitúe o tradicional retrato en grupo, estatico e harmoniosamente ordenado, por un fragmento vital, desordenado e tumultuoso

Rembrandt Harmenszoon van Rijn (15 de xullo, 1606 ou 16074 de outubro, 1669), está considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante dos holandeses. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron Século de Ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio.

Nas primeiras composicións de Rembrandt está presente a influencia de Caravaggio, pero xa dende pronto afirma a súa linguaxe persoal, onde a atmosfera dourada e os efectos luminosos con figuras que emerxen das sombras caracterizan a súa pintura ata presentar a realidade desfigurada. A súa percepción psicolóxica humaniza tanto os protagonistas dos seus abondosos retratos como os personaxes de escenas bíblicas. A espiritualidade das súas pinturas, con formas cada volta máis desfiguradas, faise compatible coa realidade material. Modelo:Link FA